ATEXGA Prevención
Por iniciativa de Asociación Textil de Galicia xorde Atexga Prevención, un espazo web no que se pretende pór ao alcance de todos os seus asociados, información de interese na área de prevención de riscos laborais no sector téxtil.
Un dos obxectivos de ATEXGA Prevención é que se converta nunha ferramenta de apoio que facilite o desenvolvemento da actividade preventiva a través dunha serie de actuacións:
-
Información, constantemente actualizada, sobre o contido da lei e normativa sobre prevención, sobre todo, daquela que lles afecta máis directamente.
-
Elaboración e difusión de diverso material de carácter específico (guías, traballos técnicos, etc.).
-
Creación dun lugar de encontro de todos os que buscan información en materia preventiva.
|