Prevención de Riesgos Laborales, ATEXGA
Prevención de Riesgos Lalorais
Galego Galego Castelán Castelán

Contorno virtual para a prevención de riscos laborais no sector textil

 
Sobre nós
¿Que é ATEXGA Prevención?
¿Cal é a finalidade?
¿A quen vai dirixido?
 
Lexislación e Normativa de Prevención Riscos Laborais
Guía de Prevención de Riscos
Laborais no sector textil
Estudo de sustancias nocivas
na industria téxtil
Novo Regulamento REACH
 
Barómetro de Prevención de
Riscos Laborais
Directivos
Traballadores
 
Portada - Lexislación e Normativa - Normativa

Normativa sobre prevención de riscos laborais

DE CARÁCTER XERAL

• Lei 31/1995, de 8 de novembro, de Prevención de Riscos Laborais (BOE 10.11.95)

Ten por obxecto a determinación do corpo básico de garantías e responsabilidades preciso para establecer un adecuado nivel de protección da saúde dos traballadores fronte aos riscos derivados das condicións de traballo, e todo iso no marco dunha política coherente, coordinada e eficaz de prevención de riscos laborais.

A Lei 31/95 recolle, de forma completamente renovada, a prevención de riscos laborais, desde a avaliación inicial dos riscos inherentes ao traballo. Contempla a planificación dun programa avaliando todos os aspectos que desenvolva a empresa, tendo en conta o tamaño e risco da súa actividade e a obriga do empresario de cumprir con certas medidas que aseguren a protección da saúde e a seguridade dos traballadores mediante un Plan de Prevención de Riscos derivados do traballo así como a de proporcionarlles aos traballadores unha formación teórica e práctica suficiente e adecuada en materia preventiva.

Os elementos máis destacables desta lei son:

  • Fomento de toda unha cultura da prevención de forma que se promocione en todos os niveis educativos.
  • Novo enfoque da planificación da prevención desde a fase de proxecto mediante a avaliación dos riscos, o establecemento das medidas preventivas e o control de que son realmente efectivo.

A estrutura da Lei de Prevención de Riscos Laborais é a seguinte:

Capítulo I.
Determina o carácter das normas, o obxecto da lei e o seu ámbito de aplicación. Establece as definicións de conceptos básicos tales como "prevención", "risco laboral", "danos derivados do traballo", etc.

Capítulo II.
Regula os obxectivos, normas regulamentarias e actuacións das Administracións Públicas. Contempla a cooperación entre as distintas Administracións e a participación que teñen as organizacións de empresarios e traballadores na Comisión Nacional de Seguridade e Saúde no Traballo.

Capítulo III.
Desenvolve os dereitos dos traballadores e as obrigas das empresas.

Capítulo IV.
Fai referencia aos Servizos de Prevención.

Capítulo V.
Regula a consulta e participación dos traballadores na seguridade e saúde no traballo, a través dos Delegados de Prevención.

Capítulo VI.
Recolle as obrigacións dos fabricantes, importadores e subministradores de maquinaria, equipos, produtos e útiles de traballo, co fin de garantir os máximos niveis de seguridade para os usuarios de acordo coa normativa comunitaria sobre a "Seguridade do Produto".

Capítulo VII.
Contempla as responsabilidades e sancións derivadas do incumprimento da lei, clasificando as infraccións en leves, graves e moi graves.

• Lei 54/2003, do 12 de decembro (BOE 13.12.03)

Reforma o marco normativo da prevención de riscos laborais e considera a avaliación de riscos como un instrumento esencial para a xestión do plan de prevención de riscos laborais.

• Lei 39/1999, do 5 de novembro (BOE 06.11.99)

Para a conciliación da vida familiar e laboral das persoas traballadoras.

Modifica a Lei 31/1995 de Prevención de Riscos Laborais.

• Real Decreto 39/1997, do 17 de xaneiro (BOE 31.01.97)

Aproba o Regulamento dos Servizos de Prevención. Contempla os niveis formativos, as especialidades e os coñecementos mínimos que deberán acreditarse para poder realizar as funcións de prevención previstas na Lei 31/1995 de Prevención de Riscos Laborais.

O Regulamento dos Servizos de Prevención recolle aqueles aspectos que fan posible a Prevención de Riscos Laborais como actividade integrada no conxunto de actuacións da empresa e en todos os seus niveis xerárquicos, presidido todo isto polos principios de eficacia, coordinación e participación que se indican na Lei 31/1995 de Prevención de Riscos Laborais, da que se deriva. Aborda a avaliación de riscos como punto de partida que debe conducir á planificación da actividade preventiva.

• Real Decreto 780/1998, do 30 de abril (BOE 01.05.98)

Modifica o Real Decreto 39/1997: Regulamento dos Servizos de Prevención.

• Real Decreto 604/2006, do 19 de maio (BOE 29.05.2006)

Modifica o Real Decreto 39/1997: Regulamento dos Servizos de Prevención. Establece as disposicións mínimas de seguridade e saúde nas obras de construción.

• Real Decreto Lexislativo 5/2000, do 4 de agosto (BOE 08.08.00)

Aproba o texto refundido da Lei sobre Infraccións e Sancións de Orde Social que recolle a tipificación das infraccións administrativas derivadas do incumprimento da normativa sobre prevención de riscos laborais.

• Lei 21/1992 de Industria, do 16 de xullo (BOE 23.07.92)

Cabe resaltar a parte que se refire á Seguridade e Calidade Industriais:
  • SEGURIDADE INDUSTRIAL: inclúe un sistema de disposicións obrigatorias, establece o obxecto da seguridade industrial, o contido dos regulamentos, os medios de proba do cumprimento regulamentario e o control administrativo do devandito cumprimento. Configura os Organismos de Control e as Entidades de Acreditación.
  • CALIDADE INDUSTRIAL: establece as actuacións que as Administracións públicas desenvolverán para conseguir a competitividade da industria española.

SEGURIDADE


LUGARES DE TRABALLO

• Real Decreto 486/1997, do 14 de abril (BOE 23.04.97)

polo que se establecen as disposicións mínimas de seguridade e saúde nos lugares de traballo co obxectivo de mellorar o nivel de protección da seguridade e da saúde dos traballos. Recolle a obriga do empresario de adoptar as medidas necesarias para que a utilización dos lugares de traballo non orixine riscos para a seguridade e a saúde dos seus traballadores ou, no caso de non ser posible, para que tales riscos se reduzan ao mínimo. Para iso, inclúe unha serie disposicións mínimas que deben cumprir os lugares de traballo utilizados por primeira vez e os xa utilizados con anterioridade á data da súa entrada en vigor relativas ás súas condicións construtivas, orde, limpeza e mantemento, sinalización, instalacións de servizos ou protección, condicións ambientais, servizos hixiénicos e locais de descanso e material e locais de primeiros auxilios, tendo as primeiras un carácter máis restritivo.

 

SINALIZACIÓN

• Real Decreto 485/1997, do 14 de abril (BOE 23.04.97)

sobre disposicións mínimas en materia de sinalización de seguridade e saúde no traballo.

Recolle os tipos de sinalización e as súas condicións de utilización. Inclúe sinais para a localización e identificación de recipientes, tubaxes e de equipos de loita contraincendios, sinais para o marcado de vías de circulación, sinais luminosos, acústicos, comunicación verbal e sinais xestuais.

Reúne as obrigas do empresario e os criterios que hai que utilizar para o emprego da sinalización, contemplando o deber da utilización de sinais en determinadas circunstancias (cando os riscos non poidan evitarse ou limitarse suficientemente mediante medidas preventivas)

 

RISCO ELÉCTRICO

• Real Decreto 614/2001, do 8 de xuño (BOE 21.06.01)

sobre disposicións mínimas para a protección da saúde e seguridade dos traballadores fronte ao risco eléctrico.

Recolle, entre outras cousas, a obriga do empresario de adoptar as medidas necesarias para que a utilización ou presenza da enerxía eléctrica nos lugares de traballo non se deriven riscos para a saúde e seguridade dos traballadores ou, se non fora posible, para que tales riscos se reduzan ao mínimo, baseándose nos resultados da avaliación dos riscos.

• Real Decreto 842/2002, do 2 de agosto (BOE 18.09.02)

polo que se aproba o Regulamento electrotécnico para baixa tensión. Derroga o anterior regulamento e establece un cadro de inspeccións por organismos de control, no caso de instalacións nas que a súa seguridade ofrece particular relevancia.

 

PROTECCIÓN CONTRA INCENDIOS

• Real Decreto 1942/1993, do 5 de novembro (BOE 14.12.92 e 07.05.94)

polo que se aproba o Regulamento de Instalacións de Protección contra Incendios.

Especifica a efectividade de cada axente extintor segundo o tipo de lume e o programa de mantemento dos medios materiais de loita contra incendios, dependendo de que as operacións sexan realizadas por persoal do titular da instalación ou por persoal especializado do fabricante ou instalador do equipo ou sistema.

• Real Decreto 2267/2004, do 3 de decembro (BOE 17.12.04)

polo que se aproba o Regulamento de seguridade contra incendios nos establecementos industriais.

• Real Decreto 2177/1996, do 4 de outubro (BOE 29.10.96)

polo que se aproba a Norma Básica de Edificación "NBE-CPI/96: Condicións de protección contra incendios nos edificios.

Recolle as condicións que deben reunir os edificios para protexer os seus ocupantes fronte aos riscos orixinados por un incendio, para previr danos nos edificios ou establecementos próximos e para facilitar a intervención dos bombeiros e dos equipos de rescate.

• Real Decreto 314/2006, do 17 de marzo (BOE 28.03.06)

polo que se aproba o Código Técnico da Edificación. Derroga o Real Decreto 2177/1996.

O Código Técnico da Edificación configúrase como un novo marco normativo estruturado que identifica, ordena e completa a regulamentación técnica existente e que pretende facilitar a súa aplicación e cumprimento, en harmonía coa normativa europea. Ademais, mediante un enfoque baseado en prestacións, trata de fomentar a innovación e o desenvolvemento tecnolóxico na edificación.

O Código Técnico da Edificación é o marco normativo que establece as esixencias que deben cumprir os edificios en relación cos requisitos básicos de seguridade e habitabilidade establecidos na Lei de ordenación da edificación.

• Real Decreto 393/2007, do 23 de marzo (BOE 24.03.07)

polo que se aproba a Norma Básica de Autoprotección dos centros, establecementos e dependencias dedicadas a actividades que poidan dar lugar a situacións de urxencia.

Establece a obriga de elaborar, implantar materialmente e manter operativos os Plans de Autoprotección e determina o contido mínimo que deben incorporar estes plans naquelas actividades, centros, establecementos, espazos, instalacións e dependencias que, potencialmente, poidan xerar ou resultar afectadas por situacións de emerxencia. Fai referencia ás actuacións que hai que levar a cabo ante as devanditas situacións e á análise e avaliación dos riscos, á adopción de medidas preventivas e de control dos riscos, así como á integración das actuacións de emerxencia noscorrespondentes Plans de Emerxencia de Protección Civil.

• Real Decreto 379/2001, do 6 de abril (BOE 10.05.01)

polo que se aproba o Regulamento de almacenamento de produtos químicos e as súas instrucións técnicas complementarias MIE-APQ-1, MIE-APQ-2, MIE-APQ-3, MIE-APQ-4, MIE-APQ-5, MIE-APQ-6 e MIE-APQ-7.

 

EQUIPOS DE TRABALLO

• Real Decreto 1435/1992, do 27 de novembro (BOE 11.12.92)

polo que se ditan as disposicións de aplicación da Directiva do Consello 89/392/CEE, relativa á aproximación das lexislacións dos estados membros sobre máquinas.

• Real Decreto 56/1995, de 20 do xaneiro (BOE 03.02.95)

polo que se modifica o Real Decreto 1435/1992, do 27 de novembro.

• Real Decreto 1215/1997, do 18 de xullo (BOE 07.08.97)

polo que se establecen as disposicións mínimas de seguridade e saúde para a utilización por parte ds traballadores dos equipos de traballo.

Recolle as medidas mínimas destinadas a garantir que a presenza e a utilización dos equipos de traballo que o empresario poña á disposición dos traballadores non supoñan riscos para a súa saúde ou seguridade e unha serie de definicións tales como equipo de traballo, utilización dun equipo de traballo, zona perigosa, traballador exposto e operador de equipo. O empresario debe ter en conta, á hora de elixir os equipos de traballo, as condicións e características específicas do traballo e os riscos existentes para os traballadores co fin de eliminar ou reducir ao máximo os devanditos riscos e debe facilitarlles aos traballadores as instrucións e a formación adecuada sobre o uso correcto dos equipos.

Indica, tamén, que as tarefas de mantemento ou reparación dun equipo de traballo que poida presentar un risco específico, só poderán ser realizados por traballadores especificamente capacitados.

• Real Decreto 2177/2004, do 12 de novembro (BOE 13.11.04)

polo que se modifica o Real Decreto 1215/1997, do 18 de xullo, polo que se establecen as disposicións mínimas de seguridade e saúde para a utilización por parte dos traballadores dos equipos de traballo, en materia de traballos temporais en altura.

 

APARELLOS DE ELEVACIÓN

• Real Decreto 2291/1985, do 8 novembro (BOE 11.12.85)

que aproba o Regulamento de Aparellos de Elevación e Manutención.

Define as condicións técnicas que, para efectos de seguridade, deben cumprir os aparellos de elevación e manutención para protexer as persoas e as cousas fronte ós riscos que poidan xerar.

• Real Decreto 1314/1997, do 1 de agosto (BOE 30.09.97 e 28.07.98)

polo que se modifica o Regulamento de Aparellos de Elevación e Manutención aprobado por Real Decreto 2291/1985, do 8 novembro.

• Real Decreto 474/1988, do 30 de marzo (BOE 20.05.88)

polo que se ditan disposicións de aplicación da Directiva do Consello 84/528/CEE sobre aparellos elevadores e de manexo mecánico.

 

APARELLOS A PRESIÓN

• Real Decreto 1244/1979, do 4 de abril (BOE 29.05 E 28.06.79)

que aprobou o Regulamento de aparellos a presión.

• Real Decreto 507/1982 (BOE 12.03.82)

Modifica o Real Decreto 1244/1979

• Real Decreto 1504/1990 (BOE 28.11.90 e 24.01.91)

Modifica o Real Decreto 1244/1979

• Real Decreto 769/1999, do 7 de maio

polo que se ditan as disposicións de aplicación da Directiva do Parlamento Europeo e do Consello 97/23/CEE, relativa aos equipos a presión. Modifica o Real Decreto 1244/1979. Derroga parcialmente o Real Decreto 1244/1979 en todo o referente ao deseño, fabricación e avaliación da conformidade dos equipos a presión e dos conxuntos incluídos no ámbito de aplicación do citado Real Decreto, do 7 de maio de 1999, a partir do 29 de maio de 2002.

• Real Decreto 473/1988, do 30 de marzo, (BOE 20.05.88)

polo que se ditan as disposicións de aplicación da Directiva do Consello 76/767/CEE sobre aparellos a presión

 

EQUIPOS DE PROTECCIÓN INDIVIDUAL

• Real Decreto 1407/1992, do 20 de novembro (BOE 28.12.92 e BOE 24.02.93)

polo que se regulan as condicións para a comercialización e libre circulación intracomunitaria dos equipos de protección individual.

Establece que todos os equipos de protección individual deberán cumprir coas esixencias esenciais de sanidade e seguridade que se recollen nel: ergonomía, graos e clases de protección, inocuidade, comodidade, eficacia, etc. de forma que garantan o nivel adecuado de seguridade segundo os riscos para os que están destinados a protexer.

• Real Decreto 159/1995, do 3 de febreiro (BOE 8 e 23.03.95)

Modifica o Real Decreto 1407/1992

• Real Decreto 773/1997, do 30 de maio (BOE 12.06.97)

sobre disposicións mínimas de seguridade e saúde relativas á utilización por parte dos traballadores de equipos de protección individual.

Recomenda o uso dos equipos de protección individual cando os riscos non poidan evitarse ou non poidan limitarse por medios técnicos ou métodos ou procedementos de organización para lograr garantir unha maior saúde e seguridade dos traballadores. Estes equipos deberán respectar as disposicións comunitarias sobre o seu deseño e construción, ser adecuados aos riscos que pretenden protexer sen supoñeren eles mesmos un risco adicional, deberán responder ás condicións existentes no lugar de traballo, e adecuarse ao traballador.

Recolle, ademais que, o empresario deberaos proporcionar de forma gratuíta e asegurar o seu bo funcionamento e o seu bo estado de conservación ademais de formar adecuadamente os traballadores sobre a súa utilización.

 

HIXIENE INDUSTRIAL

AXENTES QUÍMICOS

• Real Decreto 374/2001, do 6 de abril (BOE 01.05.01)

sobre a protección da saúde e seguridade dos traballadores contra os riscos relacionados cos axentes químicos durante o traballo.

Recolle algunhas definicións como axente químico, axente químico perigoso, valor límite de exposición profesional e as obrigas do empresario relativas á avaliación do risco, principios xerais para a prevención de riscos, medidas específicas de prevención e protección e medidas que deberán adoptarse nos casos de accidentes, incidentes e emerxencias, información e formación dos traballadores, vixilancia da saúde e consulta e participación.

Define, ademais, os valores límite ambientais e biolóxicos e establece valores límites de exposición profesional obrigatorios para aqueles axentes que teñen fixado un valor límite indicativo na Unión Europea. Para aqueles axentes que non inclúe recomenda os valores límite ambientais contidos no Documento Límites de Exposición Profesional para Axentes Químicos en España, publicado polo INSHT.

Real Decreto 363/1995, do 10 de marzo de 1995(BOE 05.06.95)

polo que se regula a Notificación de Substancias Novas e a Clasificación, Envasado e Etiquetaxe de Substancias Perigosas.

 

RUÍDO E VIBRACIÓNS

• Real Decreto 286/2006, do 10 de marzo (BOE 11.03.06)

sobre a protección da saúde e a seguridade dos traballadores contra os riscos relacionados coa exposición ao ruído. Define os valores de presión acústica de pico, os niveis de exposición diaria ao ruído e exposición semanal ao ruído. Contempla os valores límites de exposición e valores de exposición que dan lugar a unha acción, establecendo as obrigas dos empresarios relativas a: determinación e avaliación dos riscos, disposicións encamiñadas a evitar ou reducir a exposición, protección persoal, limitación da exposición, información e formación dos traballadores e vixilancia da saúde.

• Real Decreto 1311/2005, do 4 de novembro (BOE 05.11.05)

sobre a protección da saúde e a seguridade dos traballadores fronte aos riscos derivados ou que poidan derivarse da exposición a vibracións mecánicas.

Define os conceptos de vibración transmitida ao sistema mano-brazo e vibración transmitida ao corpo enteiro, establecendo VLE e a metodoloxía para a súa medición e avaliación e inclúe as obrigas do empresario relativas á avaliación de riscos, información, formación, consulta e participación dos traballadores, vixilancia da saúde e medidas de control e criterios de aplicación que cómpre aplicar.

 

ERGONOMÍA E PSICOSOCIOLOXÍA

• Real Decreto 487/1997 do 14 de abril (BOE 23.04.97)

sobre disposicións mínimas de seguridade e saúde relativas á manipulación manual de cargas que entrañe riscos, en particular dorsolumbares, para os traballadores.

Contempla que o empresario deberá evitar a manipulación manual de cargas por parte dos traballadores polo que adoptará as medidas técnicas ou organizativas necesarias como por exemplo, os equipos mecánicos. Nos casos en que non poida evitarse, o empresario terá que intentar reducir o risco.

Tamén contempla que o empresario deberá informar os traballadores sobre o peso da carga que vai transportar e o centro de gravidade ou o lado máis pesado dunha embalaxe, así como sobre os riscos que corre por unha manipulación incorrecta. Así, no anexo do Real Decreto recóllense unha serie de elementos de referencia (características da carga, esforzo físico necesario, características do medio de traballo, esixencias da actividade) co fin de que o empresario poida avaliar o risco e adoptar medidas adecuadas en cada caso e en particular para os riscos dorsolumbares.

• Real Decreto 488/1997, do 14 de abril (BOE 23.04.97)

sobre disposicións mínimas de seguridade e Saúde relativas ao traballo con equipos que inclúe pantallas de visualización.

O seu obxectivo é protexer os traballadores dos riscos derivados do traballo con equipos que inclúen pantallas de visualización.

Contempla o deber do empresario de analizar os postos de traballo co fin de avaliar as condicións de seguridade e saúde dos traballadores e de establecer pausas periódicas ou cambios de actividade. Tamén recollen o dereito dos traballadores a un recoñecemento adecuado da vista antes de comezar a traballar cunha pantalla de visualización, de forma periódica con posterioridade, e cando aparezan trastornos na vista.

Inclúe no seu anexo as disposicións mínimas que deben cumprir os compoñentes do posto do traballo.

MEDICINA NO TRABALLO

• Real Decreto 1995/1978, do 12 de maio (BOE 25.08.78)

polo que se aproba o cadro de enfermidades profesionais no sistema da seguridade social.

• Real Decreto 2821/1981, do 27 de novembro (BOE 01.12.81)

Modifica o Real Decreto 1995/1978.

• Real Decreto 1299/2006, do 10 de novembro,(BOE 19.12.06)

, polo que se aproba o cadro de enfermidades profesionais no sistema da Seguridade Social e se establecen criterios para a súa notificación e rexistro.

Actualiza a lista de enfermidades profesionais vixente, incluíndo novas substancias que poidan provocar unha enfermidade profesional e a aplicación de novos traballos susceptibles de producir o devandito tipo de enfermidade. Clasifica as enfermidades profesionais en 6 grupos e para cada un deles expón os axentes que as producen e as actividades capaces de producilas.

Inclúe un anexo co novo cadro de enfermidades profesionais e outro cunha lista complementaria de enfermidades das que se sospeita a súa orixe e que poderían incluírse no cadro de enfermidades profesionais nun futuro.

Xunta de Galicia, Conselleria de Traballo - Dirección Xeral de  Relacións Laborais    Atexga   Unión Europea, Fondo Social Europeo