Prevención de Riesgos Laborales, ATEXGA
Prevención de Riesgos Lalorais
Galego Galego Castelán Castelán

Contorno virtual para a prevención de riscos laborais no sector textil

 
Sobre nós
¿Que é ATEXGA Prevención?
¿Cal é a finalidade?
¿A quen vai dirixido?
 
Lexislación e Normativa de Prevención Riscos Laborais
Guía de Prevención de Riscos
Laborais no sector textil
Estudo de sustancias nocivas
na industria téxtil
Novo Regulamento REACH
 
Barómetro de Prevención de
Riscos Laborais
Directivos
Traballadores
Portada - Guía - Riscos xerais - Como debe ser un lugar de traballo seguro?

Guía de Prevención de Riscos Laborais:
4.2. Como debe ser un lugar de traballo seguro?

Guía de Prevención de Riscos Laborais

4.2. Como debe ser un lugar de traballo seguro?

A localización, o deseño, a estrutura material e os elementos que forman parte dos edificios inflúen na saúde, a seguridade e o benestar dos traballadores. Que á hora de construír un local de traballo se teña en conta isto, contribuirá a evitar unha gran cantidade de problemas xa que moitos accidentes laborais teñen a súa orixe relacionada cos centros de traballo.

As medidas preventivas adoptadas na fase de deseño e proxecto das instalacións adoitan ser máis eficaces, máis doadas de realizar e máis baratas que se se aplican a posteriori pero en moitas ocasións, os cambios introducidos nos procesos de traballo, a maquinaria, as novas tecnoloxías e a organización do traballo deixan obsoletos os edificios e locais concibidos para outros usos.

Enténdese por lugares de traballo aquelas áreas do centro de traballo, edificadas ou non, nas que os traballadores deben permanecer ou ás que poden acceder como consecuencia do seu traballo.

O deseño dunha área de traballo debe realizarse de forma que:
- se distribúan os locais en función dos procesos de produción.
- se prevexan zonas de paso para evitar colos de botella.
- se facilite o control das zonas de emerxencia.
- se determinen as zonas de almacenamento.
- se illen os procesos que xeren ruído, vibracións, calor.
- se dispoña dunha iluminación axeitada,...

Que o espazo de traballo estea mal deseñado pode orixinar golpes (pola proximidade das máquinas, por un mal almacenamento dos materiais, por derrubamento de obxectos, etc.), atrapamentos por vehículos circulando por zonas inadecuadas, caídas debidas a chans escorregadizos, iluminación deficiente, etc.

Para evitar os riscos derivados da utilización dos lugares de traballo ou, se iso non fose posible, para que tales riscos se reduzan ao mínimo, existen unhas disposicións mínimas que garantirán a seguridade e saúde nos lugares de traballo (RD 486/1997). Resumimos algunhas delas:

a) Características construtivas:

Deberán permitir que o traballador poida realizar a súa actividade de forma segura e en condicións ergonómicas aceptables. A normativa fai referencia a aspectos tales como espazos de traballos e zonas perigosas, chans, desniveis, aberturas e varandas, seguridade estrutural, tabiques, ventás e vans, ramplas, escaleiras fixas e de servizo, condicións de protección contra incendio, acceso de traballadores diminuídos, vías e saídas de evacuación, vías de circulación, escaleiras fixas, escaleiras de man, portas e portóns, instalación eléctrica.

- Dimensións mínimas dos locais

  • A altura dende o piso ao teito debe ser maior a 3 metros, agás nos establecementos comerciais, de servizos e locais destinados a oficinas e despachos nos que se permite 2,50 metros.
  • A superficie mínima libre por traballador debe ser de 2 m? e o volume mínimo de 10 m2 por traballador. Para o cálculo da superficie e o volume non se terán en conta os espazos ocupados por máquinas, aparatos, instalacións nin materiais.

- Chans, paredes, aberturas e desniveis, varandas

  • O chan será de material resistente, non escorregadizo, de doada limpeza e sen irregularidades
    nin pendentes perigosas.
  • É conveniente que as paredes sexan lisas e pintadas en tons claros.
  • Os ocos sen cubrir, independentemente do seu tamaño, deben ter colocadas as proteccións axeitadas:
    • varandas: a súa altura mínima será de 90 cm a partir do piso, serán de materiais ríxidos e resistentes e protexerán o paso ou esvarón por baixo da mesma ou a caída de obxectos.
    • outro sistema de seguridade similar.

- Tabiques, ventás e vans

  • As ventás deberán poder abrirse e limparse sen perigo.
  • Os tabiques de separación translúcidos ou transparentes serán de materiais seguros e estarán convenientemente sinalizados.

- Vías de circulación

  • As súas dimensións teñen que ser apropiadas ao número de traballadores que han circular por elas así como ao tamaño dos elementos de transporte de materiais.
  • É recomendable que os corredores estean debidamente sinalizados e que non se utilicen para almacenar materiais, aínda que sexa de modo circunstancial.
  • Deberán sinalizarse cando existan zonas de altura limitada.
  • Deberán evitarse os chans irregulares que dean lugar a envorcos de vehículos ou a perdas de carga destes.
  • É recomendable manter os peóns afastados das zonas de circulación dos vehículos e se non se pode evitar, dotar os traballadores de roupa de alta visibilidade.

- Portas e saídas

  • O seu número, distribución e as dimensións dependerán do uso dos equipos, das dimensións dos lugares de traballo e do número de persoas.
  • Deberán permanecer libres de obstáculos, ser de doado acceso e estar convenientemente sinalizadas.
  • As portas de emerxencia abriranse cara ao exterior.
  • As portas de acceso a escaleiras abrirán sobre relanzos, nunca directamente sobre chanzos

- Ramplas e escaleiras

  • Os pavimentos das ramplas, escaleiras e plataformas de traballo serán de materiais non escorregadizos ou disporán de elementos antiesvaradíos.
  • A pendente das ramplas non será superior a un 12% cando a súa lonxitude sexa
    menor de 3 metros, do 10% cando sexa menor a 10 metros e do 8% no resto dos casos.
  • Prohíbense as escaleiras de caracol agás se son de servizo.
  • Non se utilizarán escaleiras de man de máis de 5 m se a súa resistencia non está garantida nin serán utilizadas por máis dun traballador simultaneamente. Ademais non se empregarán fronte a portas, xunto a condutores eléctricos ou apoiadas en canalizacións. Se se apoian en postes ou outras superficies cilíndricas, suxeitaransemediante abrazadeiras.
  • As escaleiras de man deberán ser resistentes e cos elementos de apoio e suxeición necesarios para que a súa utilización non supoña risco de caídas.

- Vías e saídas de evacuación

  • Deberán desembocar o máis directamente posible ao exterior e non deberán utilizarse nunca como lugares de almacenamento provisional ou permanente.

- Distribución de máquinas

  • A distancia de separación entre as máquinas debe ser suficiente para que os traballadores poidan efectuar o seu labor comodamente.
  • Débese restrinxir o paso ás zonas invadidas por elementos móbiles das máquinas e sinalizalas convenientemente.

- Situación de postos de traballo e equipos

  • Os postos de traballo deben estar claramente delimitados e dispoñer dun lugar fixo para depositar útiles e ferramentas.
  • O posto de traballo debe ter un doado acceso para a recepción de materias primas e retirada dos materiais de escoura sen que os movementos estorben os operarios.
  • A accesibilidade entre as diferentes partes da maquinaria e equipos debe ser doada e cómoda, evitando movementos e esforzos forzados e innecesarios, de acordo a criterios ergonómicos.

- Acceso de traballadores diminuídos

  • Os lugares de traballo e, en particular, as portas, vías de circulación, escaleiras, servizos hixiénicos e postos de traballo deben estar acondicionados para o persoal diminuído que os ocupe ou utilice.

- Instalación eléctrica

  • A instalación eléctrica dos lugares de traballo ha de axustarse aos Regulamentos electrotécnicos que lle sexan de aplicación.

b) Orde, limpeza e mantemento

  • Os lugares de traballo, incluídos os locais de servizo e os seus respectivos equipos e instalacións estarán ordenados e limparanse periodicamente e sempre que sexa
    necesario, facéndose de forma que as operacións de limpeza non constitúan por si mesmas unha fonte de risco para os traballadores.
  • As escouras que se produzan deben ser controladas e eliminadas. Para iso, disporanse de recipientes apropiados que se baleirarán con frecuencia.
  • Os residuos especiais deben recollerse e tratarse separadamente.

c) Sinalización de seguridade

  • Os corredores, zonas de paso e almacenamento deben estar convenientemente sinalizados e libres de obxectos e materiais.

d) Instalacións de servizo e protección

  • Ao ser consideradas parte dos lugares de traballo deben cumprir as disposicións mínimas establecidas no R.D.486/1997.

e) Condicións ambientais

  • Débense evitar as temperaturas e humidades extremas, correntes de aire molestas, olores desagradables, irradiación excesiva.

g) Servizos hixiénicos e locais de descanso

  • Os lugares de traballo disporán de auga potable.
  • Debe haber vestiarios cando os traballadores deban levar roupa especial de traballo e non se lles poida pedir por razóns de saúde e decoro, que se cambien noutras dependencias.
  • Debe haber lavabos e retretes en número suficiente, separados por sexo, e
    duchas cando se realicen habitualmente traballos sucios, contaminantes ou similares.
  • Debe haber locais de descanso, cando a seguridade ou saúde dos traballadores o esixan, axeitados ao tipo de actividade e número de traballadores.

h) Material e locais de primeiros auxilios

  • Os traballadores deben ter á súa disposición o material e, cando sexa preciso, os locais necesarios, para a prestación de primeiros auxilios. Estarán sinalizados e serán de doado acceso.

Xunta de Galicia, Conselleria de Traballo - Dirección Xeral de  Relacións Laborais    Atexga   Unión Europea, Fondo Social Europeo