Prevención de Riesgos Laborales, ATEXGA
Prevención de Riesgos Lalorais
Galego Galego Castelán Castelán

Contorno virtual para a prevención de riscos laborais no sector textil

 
Sobre nós
¿Que é ATEXGA Prevención?
¿Cal é a finalidade?
¿A quen vai dirixido?
 
Lexislación e Normativa de Prevención Riscos Laborais
Guía de Prevención de Riscos
Laborais no sector textil
Estudo de sustancias nocivas
na industria téxtil
Novo Regulamento REACH
 
Barómetro de Prevención de
Riscos Laborais
Directivos
Traballadores
Portada - Guía - Riscos xerais - Como debe ser un equipo de traballo seguro?

Guía de Prevención de Riscos Laborais:
4.3. Como debe ser un equipo de traballo seguro?

Guía de Prevención de Riscos Laborais

4.3. Como debe ser un equipo de traballo seguro?

Con respecto aos equipos de traballo, débese ter en conta:

  1. Que sexan seguros (marcado CE), que estean instalados seguindo as instrucións
    do fabricante, adaptados aos traballadores, e axeitados á actividade a desenvolver.
  2. Que os traballadores recibiran a información e formación adecuada sobre como utilizar o equipo e realizar o mantemento, que riscos conleva o seu manexo e as medidas preventivas a adoptar.
  3. Que os traballadores realicen un uso e mantemento seguro do equipo.

O RD 1215/1997 establece, no marco da Lei 31/1995 do 8 de novembro, de prevención de riscos laborais, as disposicións mínimas de seguridade e saúde para a utilización polos traballadores dos equipos de traballo.

A partir de 1 de xaneiro de 1.995, todas as máquinas comercializadas e/ou postas
en servizo, deberán dispoñer de marcado CE, declaración CE de conformidade e
manual de instrucións.

Nas empresas do sector téxtil evidénciase a existencia dun importante parque de máquinas anteriores a 1.995 que, con carácter xeral non disporán de marcado CE, declaración de conformidade CE e manual de instrucións, polo que se deberán adecuar ao establecido no Real Decreto 1215/1997. Para estes equipos de traballo que non teñen marcado CE hai que comprobar que cumpren todos e cada un dos requisitos do citado Real Decreto. Calquera anomalía detectada supón unha desconformidade coa norma e precisa da implantación de medidas correctoras.

Dito isto, o empresario debe:

  • Adquirir máquinas seguras (maquinas co marcado CE).
  • Instalar, utilizar e manter axeitadamente a máquina, seguindo as instrucións do
    fabricante.
  • Revisar as máquinas das que xa se dispón.

Os principais perigos derivados da utilización de máquinas son:

a) Perigo mecánico: son os causados polos elementos móbiles (coitelas, carros, etc.) da máquina, polos de transmisión (eixes, poleas, etc.), por proxección de elementos da máquina como consecuencia da súa rotura e por proxección do material traballado.

b) Perigo eléctrico: choque eléctrico ou queimaduras por contacto con partes en tensión (contactos directos), accidentalmente en tensión (contactos indirectos), ou illamento inadecuado.

c) Perigo térmico: queimaduras por contacto con obxectos ou materiais quentes.

d) Perigos producidos pola exposición ao ruído: o ruído xerado polas máquinas pode causar perda da agudeza auditiva, fatiga, interferencia coa comunicación oral e con sinais acústicos.

e) Perigos producidos pola exposición a vibracións: as vibracións moi intensas poden dar lugar a trastornos musculares na man, lumbago, ciática...

f) Perigos por mal deseño da máquina: a inadecuación da máquina ás características e aptitudes humanas, pode ser orixe de efectos fisiolóxicos derivados de posturas incómodas, esforzos excesivos ou repetitivos.

As medidas destinadas a reforzar a seguridade ao traballar con máquinas adoitan ser medidas integradas no deseño e construción das mesmas (evitar arestas cortantes, limitación por deseño de ruído e vibracións, características dos materiais, etc.), as cales buscan que esta non constitúa un risco.

Pero nalgunhas ocasións, este risco non se pode eliminar na orixe e polo tanto hai que utilizar medios de protección colectiva: resgardos e dispositivos de seguridade.

a) RESGARDO: elementos dunha máquina utilizados especificamente como barreira material para evitar que o traballador entre en contacto con calquera punto da máquina que lle poida provocar o accidente (carcasa, pantalla, porta, cuberta, etc.).
Algúns deles:

medios de protección

b) DISPOSITIVO: son aqueles, distintos do resgardo, que eliminan ou reducen o risco,
só ou asociado a un mando.
Algúns deles:

dispositivos de protección

dispositivos de protección

Á parte das medidas citadas, existen outras que se poderían resumir en:

  • Técnicas de formación e información: indicacións para o transporte, instalación, precaucións a ter en conta no uso, instalación e mantemento, etc.
  • Precaucións suplementarias:
    -Precaucións para situacións de emerxencia: dispositivos de parada de emerxencia, de rescate de persoas.
    - Indicacións de como eliminar a fonte de enerxía ou bloquear partes perigosas, etc.

Para realizar traballos de reparación, mantemento ou limpeza dunha máquina, debe consultarse antes o libro de instrucións, e logo repoñer os resgardos e dispositivos en caso de que fosen retirados.

Técnicas de seguridade

 

Xunta de Galicia, Conselleria de Traballo - Dirección Xeral de  Relacións Laborais    Atexga   Unión Europea, Fondo Social Europeo