Prevención de Riesgos Laborales, ATEXGA
Prevención de Riesgos Lalorais
Galego Galego Castelán Castelán

Contorno virtual para a prevención de riscos laborais no sector textil

 
Sobre nós
¿Que é ATEXGA Prevención?
¿Cal é a finalidade?
¿A quen vai dirixido?
 
Lexislación e Normativa de Prevención Riscos Laborais
Guía de Prevención de Riscos
Laborais no sector textil
Estudo de sustancias nocivas
na industria téxtil
Novo Regulamento REACH
 
Barómetro de Prevención de
Riscos Laborais
Directivos
Traballadores
Portada - Guía - Riscos xerais

Guía de Prevención de Riscos Laborais:
4 - Riscos xerais e a súa prevención

Guía de Prevención de Riscos Laborais

4.1. Introducción

En cada un dos procesos dos que se compón a industria téxtil, utilízase unha gran variedade de maquinaria, equipos de transporte ou manipulación, instalacións, materias primas, etc.

• Maquinaria e equipos: máquinas de coser, teares, mesas de corte, pranchas, estampadoras, etc.
• Ferramentas e útiles: tesoiras, cúters, coitelas, cintas métricas, regras,…
• Instalacións: talleres, almacén, baños, etc.
• Materias primas e de consumo: fibra vexetal, fibra sintética, pinturas, tinguiduras,
enerxía, etc.

Nunha primeira aproximación, ao intentar abordar o tema da prevención de riscos laborais, poderiamos afirmar que, a principal preocupación en materia de seguridade e saúde no sector téxtil estaría relacionada coas condicións materiais do ámbito de traballo (as que son capaces de provocar un dano).

Pero se temos en conta a definición de SAÚDE que dá a OMS (estado de benestar físico, mental e social completo e non simplemente a ausencia de dano ou enfermidade) teriámonos que retractar na afirmación.

Polo tanto, á parte de facer este tipo de consideracións, hai que ter en conta outras, que poden ter unha influencia significativa na saúde (horarios, fatiga, etc.) co fin de conseguir que o traballador poida alcanzar un desenvolvemento profesional, persoal e social.

Para que isto sexa posible, faise necesario expoñer algunhas realidades presentes neste sector tan peculiar e que poden ser orixe ou fontes de risco.

Moitos dos procesos dos que se compón a industria téxtil están bastante mecanizados e só se fai necesaria a intervención dos traballadores nas operacións de alimentación e control da maquinaria.

Os postos de traballo, ferramentas e equipos implicados, normalmente están mal
deseñados.

Os edificios que albergan estes procesos, en xeral, están mal conservados e pouco ventilados e posúen deficientes condicións de refrixeración, calefacción e iluminación. O almacenamento de materiais inflamables adoita ser inadecuado.

Existe unha exposición continua, en certos procesos, ao uso de tinguiduras, colorantes e produtos químicos nocivos para a saúde, especialmente na estampación téxtil con pistola de aerografía, o que pode desembocar nun risco moi perigoso como son as patoloxías pulmonares.

Os traballadores están sometidos, nalgúns postos, a vibracións derivadas de operar
repetidamente sobre pancas e pedais.

As tarefas que se realizan, nalgúns postos, adoitan ser monótonas e nelas adóitanse adoptar posturas inadecuadas. Tamén se adoitan efectuar movementos repetidos cos membros superiores o que pode dar lugar a lesións en tendóns e articulacións.

A teor da globalización experimentada polo sector téxtil, a continua busca de salarios máis baixos e instalacións máis competitivas orixinaron un aumento da xornada laboral coa conseguinte diminución das normas de seguridade e saúde do operario.

Os imperativos económicos impiden prestarlles a atención debida á seguridade e á saúde dos traballadores. Esta presión xerada pola competencia internacional tamén complica a estabilidade no emprego; téndense a substituír os contratos a tempo completo polos de duración determinada, a tempo parcial ou temporais, recórrese á subcontratación e aos traballos a domicilio e todo isto contribúe a aumentar a precariedade no emprego.

A maior parte dos postos están mal pagados e ocupados, na súa maioría, por persoal feminino.

En moitas empresas, prevalece a remuneración segundo produción que gratifica a velocidade por riba de todo e apenas lles permite aos traballadores controlar o proceso de produción.

A maioría das operacións implicadas no proceso, non adoitan esixir unha elevada cualificación.

A comunicación dos traballadores adóitase ver limitada ou dificultada pois considérase que inflúe na produción o que contribúe a xerar ambientes de presión entre compañeiros.

A falta de hixiene e limpeza agravan toda esta situación. Ata os últimos anos, non se prestara demasiada atención a como pode influír o deseño do lugar de traballo na saúde dos traballadores.

As ferramentas, as máquinas, o equipo e os lugares de traballo deséñanse, a miúdo, sen ter demasiado en conta o feito de que as persoas teñen distintas alturas, formas e talles e distinta forza. É importante considerar estas diferenzas para protexer a saúde e a comodidade dos traballadores.

No sector téxtil, producíronse algúns avances no deseño de postos de traballo pero estes avances só son capaces de ser acometidos polas empresas máis grandes debido ás esixencias de investimento que supoñen. A maior parte da produción de vestir segue estando en mans de pequenos talleres de costura mal equipados que, en xeral, non se preocupan do deseño do posto de traballo nin das condicións de traballo nin dos riscos para a saúde e a seguridade.

Ata hai pouco tampouco se lles prestara demasiada atención aos ritmos de traballo
aos que están sometidos os traballadores nin ao clima socio laboral no que este se desenvolve pois, en xeral, as súas consecuencias non adoitan ser tan rechamantes como as dos accidentes de traballo e enfermidades profesionais. A relación entre a organización do traballo e a saúde non se facía tan evidente pois os seus efectos son máis intanxibles e inespecíficos.

En definitiva, os distintos procesos, máquinas, ferramentas, características da tarefas e formas de organización presentes no sector xunto cos produtos utilizados, fan do téxtil en todas as súas variantes, un sector no que se poden concentrar unha gran cantidade de riscos probados.

Antes de comezar a analizar os distintos tipos de riscos existentes en todo medio laboral co obxectivo de que nos permita, posteriormente, internarnos no marco dos riscos específicos do sector, paréceme conveniente explicar sinteticamente algúns aspectos importantes en relación a este tema.

Xunta de Galicia, Conselleria de Traballo - Dirección Xeral de  Relacións Laborais    Atexga   Unión Europea, Fondo Social Europeo