Prevención de Riesgos Laborales, ATEXGA
Prevención de Riesgos Lalorais
Galego Galego Castelán Castelán

Contorno virtual para a prevención de riscos laborais no sector textil

 
Sobre nós
¿Que é ATEXGA Prevención?
¿Cal é a finalidade?
¿A quen vai dirixido?
 
Lexislación e Normativa de Prevención Riscos Laborais
Guía de Prevención de Riscos
Laborais no sector textil
Estudo de sustancias nocivas
na industria téxtil
Novo Regulamento REACH
 
Barómetro de Prevención de
Riscos Laborais
Directivos
Traballadores
Portada - Guía - Ríscos Específicos - Os riscos de certos procesos téxtiles

Guía de Prevención de Riscos Laborais:
5.2. Os riscos de certos procesos téxtiles e determinado tipo de maquinaria.

Guía de Prevención de Riscos Laborais

5.2. Os riscos de certos procesos téxtiles e determinado tipo de maquinaria.

Na industria téxtil existen diferentes postos de traballo nos que se realizan numerosas tarefas de natureza moi distinta, cada un dos cales, ten os seus propios riscos.

A continuación, exporanse os riscos máis destacados que se manifestan en certos procesos e outros que se derivan do emprego dalgunha das máquinas que interveñen nestes, centrándonos, como dixemos, naqueles máis característicos do subsector do xénero de punto e confección.

O proceso da tisaxe

Algunhas das máquinas que poden intervir neste proceso resúmense no seguinte cadro:

Tisaxe

Os riscos máis frecuentes aos que están expostos os traballadores nos postos de tisaxe e as medidas preventivas a adoptar para reducilos serían:

A cociña de tinguidura e estampación

Nas cociñas de cores prepáranse as pastas para a estampación e as tinguiduras para
os procesos de tintura.

Riscos , A cociña de tinguidura e estampación

Os principais riscos nos que se podería incorrer na realización deste tipo de tarefas serían as caídas ao mesmo nivel, os riscos derivados da inhalación de vapores orgánicos e os riscos que xeran os axitadores ( a súa función é remover a mestura ata que a pasta queda uniforme) polo que habería que adoptar medidas encamiñadas a realizar unha correcta manipulación dos produtos químicos, que o lugar de traballo estea ordenado e limpo e adoptar todas as proteccións necesarias para evitar o risco de atrapamentos ou cizallamentos que poden provocar os axitadores.

Así mesmo, deberase ter precaución coa toxicidade dos produtos utilizados polo que será conveniente utilizar protectores das vías respiratorias.

A partir de xuño de 2007 entrou en vigor a nova normativa europea REACH (Rexistro, Avaliación e Autorización de Substancias e Preparados Químicos) que afecta a produtores, importadores de materias primas e a todos os usuarios intermedios que comercializan produtos elaborados a partir de substancias químicas. Correspóndelles a todos estes axentes garantir que só fabrican, comercializan ou usan substancias que non afectan negativamente a saúde humana ou o medio. Así, grazas a esta normativa, disporase de máis datos sobre os produtos químicos e máis información sobre as medidas para a xestión dos riscos. Por iso, a medida que esta normativa se vaia aplicando, poderanse observar modificacións substanciais na avaliación e xestión dos riscos laborais.

O proceso de tinguidura

  • Tinguidura en tecido: overflow alta temperatura

O tecido introdúcese á corda nun baño de tratamento a temperatura do cal varía entre
os 60º C e os 130º C. Os traballadores que interveñen neste proceso, están expostos a unha serie de riscos.

Os máis importantes son:
• Queimaduras: poden producirse por contacto coas partes quentes da máquina
cando se realiza a descarga do baño quente ou a causa do rebordado do baño. Como
medidas preventivas:
- Instalaranse barreiras que impidan o acceso aos puntos quentes.
- A descarga de líquidos debe realizarse de forma que non se produzan salpicaduras.
Para realizar esta operación, sería conveniente utilizar medios automáticos ou mecánicos e de non ser posible, débense utilizar os EPI’S axeitados (luvas de eguridade, lentes antisalpicaduras e zapatos con sola antiesvaróns) e pedirlle axuda a un compañeiro.
- dotarase a máquina de mecanismos que controlen o nivel do baño e da temperatura e de dispositivos que non permitan a súa apertura cando está a funcionar.
- sinalización de seguridade de perigo térmico.
• Caídas ao mesmo nivel: poden ser provocadas por derramo de líquido. Como medida preventiva instalaranse chans antiesvaróns e utilizarase calzado de seguridade con
sola antiesvarón. Ademais intentarase recoller calquera derramo tan pronto sexa detectado.
Antes de iniciar a tarefa, o operario debe asegurarse de que todas as partes da máquina están pechadas correctamente e debe comprobar os sistemas de seguridade.
A sinalización dos riscos que non se poidan evitar é fundamental para previr accidentes.

Tinguidura en fiado ou bobina-autoclaves verticais

O floco ou fiado introdúcese no portamaterias da autoclave e procédese á súa tinguidura mediante presión. O fiado, así tinguido, vai directamente ao proceso de tecido.

Habería que destacar os seguintes riscos:
Esmagamento, corte ou cizallamento co portamaterias suspendido. Como medida
preventiva débese utilizar un sistema de transporte para a materia que vai ser tinguida.
Faranse revisar periodicamente os ganchos, ferrollos de seguridade, cables, etc. deste
dispositivo de transporte.
Atrapamento, impactos e cizallamento cando se pecha a autoclave. Como medida
preventiva, as comportas automáticas deberán dispoñer de dispositivos de seguridade que deteñan o peche.
Queimaduras por contacto coas partes quentes da máquina e nas tarefas de descarga do baño de tintura. Como medida preventiva instalaranse resgardos e proteccións que impidan o acceso a puntos quentes.
• Perigos derivados da utilización de recipientes a presión. Como medida preventiva, a autoclave deberá dispoñer de dispositivos de control de presión e temperatura que se manterán en perfectas condicións.
Caídas ao mesmo nivel ou esvaróns como consecuencia de derramo de auga ou goteo do baño. Como medida preventiva instalarase chan non escorregadizo e os desaugadoiros necesarios e os operarios utilizarán calzado de seguridade con sola antiesvaróns.
No momento en que se detecte a presenza do derramo, se é posible, procederase á súa limpeza.

O Proceso de estampación


Estampación á plana

A máquina de estampar plana estampa os tecidos por medio de moldes barutos planos. Os moldes son cadros formados por un marco que se sitúa sobre a mesa de estampar e un bastidor que sostén tensado un tecido infindo. Cada un dos marcos aplica unha cor ao tecido que vai pasando baixo deles ata formar o estampado final. Unhas varas fan que a pasta penetre na malla do molde e estampe o tecido. Os riscos máis importantes derivados da súa utilización son:
Caídas a distinto nivel dende as plataformas nas que se revisa o tecido estampado.
Como medida preventiva débense colocar varandas nas plataformas que cumpran todas as esixencias de seguridade.
Golpes e sobreesforzos cando se manipulan os marcos. Como medida preventiva, os marcos transportaranse en carros e os traballadores serán formados en técnicas de manipulación manual de cargas para os casos nos que se vexan obrigados a manipular os marcos de forma manual.
Cortes e golpes cando se transportan e colocan as varas do marco. Como medida preventiva, teranse en conta as técnicas axeitadas de manipulación manual de cargas e se son de gran tamaño utilizaranse sistemas mecánicos de transporte. En caso de ser necesario, utilizaranse os equipos de protección persoal necesarios.
Atrapamento entre os órganos móbiles da máquina, e en especial, no descenso dos portamarcos. Como medida preventiva, utilizaranse dispositivos de parada de emerxencia e resgardos fixos distanciadores.
Fatiga visual nas tarefas de revisado. Para a súa prevención, recoméndase adecuar o nivel de iluminación ás esixencias da tarefa.
• Lesiones dorsolumbares cando se transportan manualmente os recipientes que conteñen a pasta de estampación. Para a prevención deste risco, utilizaranse sistemas mecánicos de transporte.
• Risco de contacto cos produtos químicos empregados. Como medida de prevención débense coñecer os riscos de cada produto químico, a súa utilización correcta e usar as proteccións necesarias na súa manipulación sempre que non se poidan substituír poroutros menos perigosos. A nomenclatura utilizada no envasado e etiquetaxe de produtos
químicos é a seguinte:
- Frases R: permiten identificar e complementar determinados riscos mediante a súa descrición.
- Frases S: establecen medidas preventivas para a manipulación e utilización dos produtos a través de consellos de prudencia.

Para evitar os riscos que se poden ocasionar nos labores de limpeza dos marcos e varas, recoméndase o emprego dun sistema de elevación e transporte. Ante a falta destes, formaranse axeitadamente os traballadores para que realicen a manipulación manual de cargas de forma totalmente segura. Hai que ter en conta que na realización deste tipo de tarefas non se deben expor operarios con patoloxías dorsolumbares.

Acabados

Os principais perigos son a calor, as elevadas temperaturas que alcanza a maquinaria, a manipulación de produtos químicos e as liñas de contacto entre rolos nas pezas móbiles das máquinas. Estes perigos poden provocar riscos de diversa consideración (queimaduras, estrés por calor, atrapamentos, etc.). Hai que protexer axeitadamente a maquinaria para evitar accidentes e lesións.

Acabados químicos con foulard

O tecido somérxese nun baño de tratamento para proporcionarlle o acabado desexado en función do produto químico empregado.

Os acabados poden ser de varios tipos: suavizado, apresto, ignífugo, hidrófugo, etc.
Entre os riscos a destacar neste tipo de proceso pódense citar os seguintes:

  • Punzamento e atrapamento co mecanismo que suxeita e conduce o tecido. Para previlos contaranse con resgardos fixos distanciadores.
  • Queimaduras ao entrar en contacto coas partes quentes da máquina. Se a máquina non está deseñada de forma que evite as queimaduras, contarase con resgardos que impidan o acceso ás zonas de risco.
  • Atrapamento nos rolos de transporte e guiadores de tecido polo que se deberán protexer os rolos con resgardos que eviten o acceso ao punto de perigo.
  • Inhalación de fumes desprendidos polas bocas de entrada e saída do tecido.
    Deberase contar con campás de extracción localizada.
  • Risco derivado do contacto cos produtos químicos utilizados no proceso. Para evitalos débense coñecer os riscos provocados por cada produto químico, a súa utilización concreta e utilizar as proteccións necesarias para a súa manipulación.
  • Lesións xurdidas durante as operacións de transporte do barril e de envorcado do seu contido na cubeta. Para previlas, deberase contar con medios auxiliares de transporte e medios mecánicos que faciliten a vertedura. Se non se dispón deles, se deberá solicitar axuda.

Acabados físicos-túneles de acabado

Os túneles de acabado permiten outorgarlle novas propiedades ao tecido. Os distintos
perigos aos que a vai exposto o traballador que manipula este tipo de maquinaria
pódense resumir en:

  • Perigo por sobreesforzos na operación de carga do tecido.
  • Perigo de atrapamento, arrastre, esmagamento, golpeo, seccionamento, e punzonamento.
  • Perigo de seccionamento coa coitela de corte.
  • Perigo de esmagamento e golpeo como consecuencia da caída do rolo de tecido.
  • Perigo de golpeo con elementos do equipo en caso de rotura destes.
  • Perigo producidos por inhalación de po (borra).
  • Perigo de caídas a distinto nivel naqueles equipos nos que o operador se teña que
    situar sobre este.
  • Perigo de queimaduras provocadas polo contacto con partes do equipo que están a altas temperaturas ou por un posible incendio.
  • Perigo de contacto eléctrico directo con elementos en tensión do equipo e conexións desprotexidas.
  • Perigo de contacto eléctrico indirecto con partes que se puxeron en tensión como
    consecuencia dun fallo de illamento.
  • Perigos producidos polo ruído, debido a unha exposición a niveis elevados.
  • Perigos producidos pola exposición continuada a vibracións.
  • Limitada comunicación dos traballadores.
  • Contido da tarefa e grao de autonomía do traballador baixos.

Algunhas medidas que se poden citar para evitar este tipo de riscos:

  • Instalación de órganos de accionamento claramente visibles e identificables e a súa protección contra un accionamento involuntario.
  • Dispositivos de posta en marcha para poñer en funcionamento a máquina ante unha parada do equipo.
  • Dispositivos de parada de emerxencia. Instalación de resgardos que impidan atrapamento entre os elementos do equipo.
  • Orde e limpeza do posto de traballo, impedindo a acumulación de borra.
  • Dispoñer de plataformas axeitadas para a realización das tarefas.
  • Instalación de varandas de protección: deben impedir o paso ou escorregamento por baixo delas ou a caída de obxectos sobre as persoas.
  • Resgardos de elementos móbiles da máquina: nos órganos de transmisión desprotexidos e onde están os elementos de corte e pugas.
  • Iluminación axeitada da zona de traballo, segundo o establecido no Real Decreto 486/1997.
  • Recubrimento con materiais illantes das zonas do equipo susceptibles de alcanzar altas temperaturas.
  • Dotar os operadores de EPI´S axeitados ás tarefas a realizar.
  • Instalación de barras distanciadoras que impidan o contacto do operador con elementos do equipo a altas temperaturas.
  • Instalación de sinalización de luminosa que avise do funcionamento, paro voluntario e involuntario do equipo.
  • Instalación de sinalización acústica que alerte os operarios da posta en marcha en funcionamento do equipo.
  • Dispositivos de separación de fontes de enerxía claramente visibles e identificables.
  • Instalación de sinalización contra riscos eléctricos, risco de contacto con zonas a altas temperaturas, atrapamento, proxección e perigo de incendios.
  • Instalación de sistemas de detección automática e detección de impurezas metálicas.
  • Instalación de sistemas detectores de fume ou lapa.
  • Utilización de materiais antichispas.
  • Facilitar os operarios de procedemento de traballo escrito para evitar o risco de incendio.
  • Apantallamento dos materiais tratados co fin de separalos das superficies quentes, chisqueiros, radiadores mediante apantallamento destes elementos perigosos.
  • Dispoñer de medios materiais e humanos para a loita contra incendios.
  • Afastamento, interposición de obstáculos e illamentos das zonas en tensión.
    Instalación de envolvente do motor, armarios ou cadros eléctricos, con dispositivos de fixación, a apertura da cal requira do emprego dunha chave ou ferramenta, impedindo así o acceso a persoal non autorizado.
  • Manter as conexións do equipo de traballo en perfecto estado de conservación e fóra das zonas de acceso do operario.
  • Instalación de dispositivo de toma de terra do equipo.
  • Protección dos traballadores fronte a riscos derivados da exposición ao ruído durante o traballo: apantallamento, e mantemento dos equipos, EPI’S axeitados, etc.
  • Instalación de proteccións ou dispositivos adecuados para limitar, na medida do posible, a xeración e propagación de vibracións.
  • Dotar de medios de transporte e elevación de cargas axeitados.
  • Establecer programas de formación e información sobre os riscos a que están expostos e técnicas que deben utilizar.
  • Rotación de postos e períodos de pausa axeitados.
  • Enriquecemento do traballo, ampliación das tarefas sen que iso comporte un aumento da cantidade de traballo e motivación do traballador.
  • Permitir que os traballadores establezan os seus ritmos e métodos de traballo, a orde das tarefas e as pausas.
  • Establecer canles de comunicación permanentes, fomentar a consulta e participación dos traballadores, atender as súas necesidades e intereses persoais e establecer un ambiente físico axeitado que faga máis doada a comunicación.

Un caso especial de acabado físico: sanforizado

Neste proceso, controlarase o encollemento do tecido e suavizarase o tacto, a través da aplicación de calor, para que co uso, a tea non perda prestancia. Normalmente a maquinaria utilizada destínase a tratar algodón e fibras artificiais. Os riscos máis importantes asociados a este proceso son:

  • Risco de contacto coas partes quentes da máquina. Para evitalo colocaranse resgardos que impidan o acceso aos puntos de perigo.
  • Atrapamento con cadeas e elementos de transmisión. Para evitalos, instalaranse proteccións que imposibiliten o acceso aos puntos de risco.
  • Atrapamento entre os rolos guiadores do tecido. Para evitalo colocaranse resgardos nos puntos perigosos dos rolos e dispositivos que ante unha emerxencia deteñan o movemento o antes posible.
  • Queimaduras por escapes e contactos co vapor e as súas conducións. Realizarase un correcto mantemento da maquinaria, illaranse os condutos de vapor mediante resgardos e utilizaranse os EPI 'S axeitados.
  • Esmagamento e golpes provocados polo "movemento da burra". Para previlo, a bancada da maquina deberá estar ancorada ao chan o que impide que envorque, bascule ou se desprace intempestivamente.

O proceso de estendido e marcado

Os riscos que se orixinan na operación de estendido son principalmente:

  • Golpes ou esmagamentos producidos por caídas do rolo do tecido ao colocalo mal no portatecidos ou por amorealos mal, unha vez finalizado o proceso de estendido.
  • Contactos eléctricos directos e indirectos cos elementos en tensión do equipo e conexións desprotexidas e por fallos de illamento de cables.
  • Incendios.
  • Fatiga postural.
  • Atrapamento entre os elementos de transmisión do carro estendedor cando se está a estender e cortando o tecido.
  • Atrapamento coas pinzas de suxeición do tecido ou corte coa coitela.
  • Caídas a distinto nivel naqueles equipos nos que o operario ha de situarse e desprazar co carro estendedor.
  • Sobreesforzos cando se carga o rolo de tecido en portatecidos.
  • Exposición ao ruído na sección de máquinas.

Os riscos que se orixinan no proceso de marcado pódense resumir nos seguintes:

  • Exposición ao ruído.
  • Incendios.
  • Caídas a distinto nivel naqueles equipos nos que o operario debe situarse e desprazar co carro estendedor.

Para realizar este tipo de operacións pódense utilizar as estendedoras manuais, semiautomáticas ou automáticas:

/ Estendedora manual: o tecido disponse en capas sobre unha mesa para posteriormente cortalo. O estendido manual do tecido pódese facer mediante:

  1. Estendedora con carro- o carro é desprazado de lado a lado polo operario sobre a mesa de estender.
  2. Estendedora de soporte en V- o operario estira o tecido dende un rolo que está colocado nun soporte.
  3. Estendedora con pinzas - o operario estende o tecido procedente dun rolo movendo unhas guías sobre el. Esta máquina corta o tecido mediante unha serra circular cando finaliza o estendido de cada capa.

/ Estendedora a motor: máquina que estende e deposita o tecido en peza sobre unha
mesa para que, posteriormente, sexa cortado. Pode ser:

  1. Mecánica - o carro desprázase dun lado ao outro e detense por medio duns topes. Ao final dispón dunha serra circular que corta horizontalmente o tecido.

    extendedora manual
  2. Semiautomática - o tecido esténdese de forma automática. Normalmente hai unha plataforma na que o operario se despraza xunto co carro para así controlar a operación.
  3. Automática programable - o tecido esténdese de forma totalmente automatizada.

    extendedora motor

Os perigos máis comúns que se derivan da estendedora manual e automática pódense
resumir no seguinte cadro:

perigos expendedoras

E as medidas a aplicar:

Medidas expendedoras

Siguiente

 

Xunta de Galicia, Conselleria de Traballo - Dirección Xeral de  Relacións Laborais    Atexga   Unión Europea, Fondo Social Europeo