|
|
 |
| Portada - Guía - Riscos Específicos |
Guía de Prevención de Riscos Laborais:
5 - Riscos Específicos do sector textil e as súas posibles solucions
|
 |
5.1. Os riscos da industria textil
- ATRAPAMENTOS, GOLPES E/OU CORTES producidos por máquinas con partes móbiles desprotexidas (sen resgardos).
- Comprar máquinas seguras (que teñan o marcado CE).
- Cumprir as normas de seguridade observadas polo fabricante.
- Usar dispositivos de protección tipo defensa ou barreira.
- Colocar interruptores de emerxencia accesibles que permitan parar a máquina inmediatamente.
- Colocar pantallas para protexer os ollos contra os fragmentos dos elementos que poidan desprenderse das máquinas en caso de rotura.
- Usar os EPI´S que sexan necesarios.
- GOLPES por movementos incontrolados de obxectos ou elementos das máquinas
(envorco de cargas, caída de obxectos dende altura, caída de estantes, etc.).
- Asegurar as cargas que se transportan para que non poidan escorregar nin caer.
- Garantir a estabilidade dos amoreamentos, respectando a altura máxima.
- Colocar varandas de seguridade arredor das plataformas e en calquera oco que poida existir no chan.
- Suxeitar ou ancorar firmemente os estantes, colocando as cargas máis pesadas nos estantes máis baixos.
- Non superar a capacidade de carga dos estantes.
- Usar medios apropiados (escaleiras) para colocar ou baixar obxectos dos estantes.
- CAÍDAS de altura
- Asegurar todos os elementos das escaleiras de man, colocar apoios antiesvaróns e poñer atención no ángulo de colocación e forma de utilización. As escaleiras de tesoira ou dobres, estarán provistas de topes no seu extremo superior e cadeas ou cables que impidan a súa abertura e non se deben utilizar como escaleiras de apoio.
- Colocar nos altos ou zonas de traballo elevadas varandas, barras intermedias e plintos en todo o perímetro dos ocos.
- Prohibir o uso de elementos inseguros para alcanzar lugares altos.
- CAÍDAS ao mesmo nivel
- Arranxar os chans en mal estado
- Eliminar a sucidade, papeis, graxas e obstáculos contra os que se poida tropezar.
- Retirar os obxectos e ferramentas innecesarios que non se estean a utilizar.
- Marcar e sinalar os obstáculos que non poidan ser eliminados.
- Instalar a iluminación axeitada no lugar de traballo e nos pasos e accesos.
- Usar calzado apropiado.
- Eliminar os cables eléctricos, condutos e canalizacións do lugar de traballo.
- ELECTROCUCIÓN por contacto eléctrico
- Realizar un control visual antes de comezar a traballar para detectar posibles defectos.
- Utilizar sistemas de posta a terra e interruptores diferenciais.
- Examinar periodicamente a instalación eléctrica por persoal especializado.
- Non utilizar aparatos en mal estado ou danados pola humidade ata que o revise un electricista.
- Non reparar avarías eléctricas. Isto debe facelo o persoal especializado. En caso de avaría, desconectar a tensión, sacar o enchufe e comunicar os danos para a súa reparación.
- Evitar o uso de "ladróns".
- Non utilizar aparatos eléctricos con mans húmidas.
- Evitar limpar con líquidos un equipo conectado á corrente eléctrica e evitar as salpicaduras.
- Desconectar os equipos antes de limpalos.
- Conectar os equipos eléctricos a un relé de curtocircuíto.
- O interruptor principal ten que estar accesible e libre de obstáculos.
- O cadro de control debe permanecer pechado, con acceso unicamente para electricistas cualificados.
- EXPOSICIÓN a fontes de ruído
- Comprar máquinas e equipos co marcado CE, tendo en conta o nivel de ruído que producen.
- Revestir paredes e teitos con materiais que absorban o ruído.
- Illar as fontes de ruído, instalándoas o máis lonxe posible das zonas de traballo.
- Reducir o tempo de exposición do traballador mediante quendas de traballo, evitando o paso por zonas de alta exposición, etc.
- Delimitar e sinalizar as zonas de exposición ao ruído.
- Utilizar equipos de protección individual contra o ruído, provistos do marcado CE.
- Informar os traballadores do risco que supón traballar con ruído.
- QUEIMADURAS por contacto
- Sinalización axeitada.
- Traballar en espazos o máis amplos posible.
- Separar as áreas perigosas.
- Illar termicamente as superficies quentes.
- Utilizar equipos de protección individual co marcado CE.
- INCENDIOS
- Dispoñer só da cantidade necesaria de materiais inflamables ou combustibles nas áreas de traballo.
- Prohibir fumar en todo o recinto suxeito a risco.
- Poñer unha instalación eléctrica antideflagrante.
- Controlar e evitar a concentración de po, fibras en suspensión mediante extracción localizada.
- Obedecer as instrucións do subministrador e do instalador de gases inflamables.
- Colocar extintores de incendio axeitados á clase de lume.
- Manter periodicamente os extintores e demais equipos contra incendios.
- Instalar sistemas de detección e alarma.
- Revisar e manter as instalacións eléctricas illadas e protexidas.
- Sinalizar e deixar libres as saídas de emerxencia.
-Realizar plans de emerxencia e evacuación e instruír os traballadores.
- MANIPULACIÓN de cargas e posicións forzadas
- Sempre que se poida, automatizar e mecanizar os procesos.
- Realizar a manipulación de cargas mediante técnicas axeitadas.
- Cargar e transportar pesos pegándoos ao corpo e en posición ergueita.
- Manipular as cargas con axuda doutras persoas.
- Reducir o peso das cargas.
- Redeseñar os postos de traballo e equipos.
- Posibilitar os cambios de postura e os descansos durante o traballo nunha postura forzada.
- Colocar os útiles e demais medios de traballo ao alcance da man.
- Manter un espazo libre arredor da área de traballo, de acordo co tipo de máquina.
- Manter corredores e zonas de paso libres de obstáculos.
- Vixilancia periódica da saúde.
- MALAS CONDICIÓNS AMBIENTAIS
- Abrir periodicamente as ventás para deixar entrar aire fresco.
- Realizar pausas durante os traballos nos que o traballador está exposto a altas temperaturas.
- Regular a temperatura mediante calefacción e aire acondicionado.
- Manter e limpar axeitadamente os equipos de calefacción e aire acondicionado.
- Realizar illamentos da calor e a humidade.
- Humedecer o aire do local.
- Evitar correntes de aire.
- RISCOS QUÍMICOS
- Coñecer e dispoñer das fichas de seguridade dos produtos químicos.
- Manter unha boa ventilación.
- Buscar procesos alternativos para realizar o tratamento químico.
- Utilizar luvas, lentes, cremas protectoras e máscaras.
- ILUMINACIÓN inadecuada
- Adecuar a intensidade da iluminación ás esixencias visuais das tarefas.
- Corrixir a iluminación de lugares escuros.
- Eliminar ou apantallar as fontes de luz cegadoras.
- Limpar periodicamente lámpadas e luminarias, para corrixir a baixa iluminación.
- Evitar contrastes de luz.
- Reparar as luminarias escintilantes.
- SITUACIÓNS estresantes
- Planificar e coordinar os traballos tendo en conta o posible traballo extra.
- Contratar persoal extra cando exista unha presión de tempo excesiva.
- Facer pausas.
- Dispoñer de medios e equipos axeitados.
- Instruír acerca das novas técnicas e equipos.
- Distribuír as vacacións.
- Facer rotacións de postos.
- Eliminar as primas de produción.
- Non prolongar en exceso a xornada de traballo habitual e compensala con descanso adicional.
- Seleccionar o persoal axeitado para cada tipo de traballo, tendo en conta a cualificación, experiencia, idade, estado de saúde,…
- RELACIÓNS inadecuadas
- Delimitar as tarefas por actividades afíns.
- Marcar prioridades nas tarefas, evitando solapamentos ou interferencias entre os traballadores.
- Impedir as condutas competitivas entre os traballadores.
- Informar periodicamente sobre a calidade do traballo realizado.
- Motivar o traballador responsabilizándoo da súa tarefa.
- Aclarar os problemas cos interesados.
- CONDUTAS PERSOAIS negativas ante os riscos
- Promover a aceptación de medidas de seguridade.
- Informar os traballadores de todos e cada un dos riscos ante os que se poidan atopar.
- Planificar reunións con instrucións de seguridade, periodicamente.
- Concienciar acerca da responsabilidade pola seguridade dos compañeiros.
- Informar acerca dos equipos de protección individual e as consecuencias de non os utilizar.
- Sinalizar os lugares de traballo especificando os EPI’S que se deben utilizar.
- ACTUACIÓNS
ERRÓNEAS en caso
de emerxencia
- Instruír os traballadores sobre primeiros auxilios.
- Dispoñer dunha botica de primeiros auxilios.
- Sinalizar as vías de evacuación e saídas de emerxencia.
- Realizar simulacros de evacuación.
- EQUIPOS DE PROTECCIÓN INDIVIDUAL
- Informar acerca dos equipos de protección individual e as consecuencias de non os utilizar.
- Utilizar os equipos de protección indicados para cada caso. Estes deben dispoñer do marcado CE.
- Non utilizar EPI’S defectuosos ou caducados.
- Garantir unha subministración axeitada das pezas que se necesiten.
- Sinalizar os lugares de traballo especificando os EPI’S a utilizar.
- SINALIZACIÓN inadecuada
- Sinalizar para chamar a atención acerca dun perigo, obriga, unha indicación, unha
saída.
- Sinalizar as vías de evacuación e saídas de emerxencia.
|
|
|