Prevención de Riesgos Laborales, ATEXGA
Prevención de Riesgos Lalorais
Galego Galego Castelán Castelán

Contorno virtual para a prevención de riscos laborais no sector textil

 
Sobre nós
¿Que é ATEXGA Prevención?
¿Cal é a finalidade?
¿A quen vai dirixido?
 
Lexislación e Normativa de Prevención Riscos Laborais
Guía de Prevención de Riscos
Laborais no sector textil
Estudo de sustancias nocivas
na industria téxtil
Novo Regulamento REACH
 
Barómetro de Prevención de
Riscos Laborais
Directivos
Traballadores
Portada - Guía - O Sector Textil Español

Guía de Prevención de Riscos Laborais:
O Sector Textil Español

Guía de Prevención de Riscos Laborais

O sector téxtil foi un pioneiro na revolución industrial, constituíndo, durante un gran período de tempo, o motor de desenvolvemento técnico e económico de moitos países industrializados.

Aínda que leva uns anos sometido a intensos procesos de reestruturación debido ao brutal impacto que sufriu coa globalización económica e a liberalización do comercio, segue sendo un sector básico e característico de actividade.

A liberalización do comercio mundial e a desaparición das barreiras arancelarias fixeron que o téxtil español se enfrontase a un forte incremento da competencia. Estes factores propiciaron que a súa evolución, nestes anos, se caracterizase por unha perda de empregos e de peso mico. Agora ben, no último ano, o emprego parece que deu algúns pasos de recuperación.

O caso do sector téxtil galego é un caso illado dentro de España e do resto da Unión
Europea:

  • Mentres que a competencia chinesa estancou as exportacións españolas e incrementou o déficit comercial do sector téxtil, en Galicia, as exportacións están a aumentar e non só se conseguiu un superávit comercial senón que se multiplicou. É o sector que contribúe en maior medida ao dinamismo da balanza de pagamentos do comercio exterior en Galicia.
  • Apostou por producir fóra, en países como China, India ou Marrocos, polo menor custo da man de obra, e deseñar en Galicia co que o emprego total do sector non se viu prexudicado. Os máis prexudicados foron os pequenos talleres de confección. Perde peso o emprego pouco cualificado a expensas dos postos cualificados que o están a gañar. A industria téxtil española, na actualidade, caracterízase por estar composta, na súa maioría, de pequenas e medianas empresas, moitas delas familiares, sen recursos nin estrutura suficientes, que se concentran en determinadas zonas e na que se detecta a presenza dun alto nivel de economía encuberta. Estas particularidades fan que se reduza a validez das estatísticas das lesións profesionais no sector pois moitas destas lesións non son obxecto de declaración. Como o proceso téxtil completo engloba unha variedade tan ampla de operacións, non existe practicamente ningunha industria capaz de realizar todas e cada unha delas polo que as diferentes empresas téxtiles se foron creando sobre partes da totalidade do proceso produtivo. As diversas operacións implicadas no proceso de produción téxtil varían en función do tipo de fibra utilizada, a clase de fiado, a tea a producir e a maquinaria con que se realizan.

proceso textil

A aplicación dun colorante a un tecido, por inmersión nunha solución, recibe o nome de tintura. A estampación é unha tintura en zonas por deposición desta. A expresión acabado, no seu sentido máis amplo, comprende os procesos a que son sometidos todos os artigos ao abandonar a tisaxe e ten como finalidade aumentar o encanto e utilidade dos mesmos.

Aínda que a presente guía trata de modo xeral, a prevención de riscos laborais no ciclo téxtil completo, imos centrar a nosa atención nas actividades do xénero de punto e confección. A xustificación a esta cuestión baséase en que o sector téxtil galego xira arredor deste tipo de actividades as cales basean a súa oferta, principalmente, en produtos acabados de vestir, cun elevado valor engadido e un forte compoñente de deseño-moda.
O téxtil de cabeceira (materia prima, fiado, tintas, acabados) adoita concentrarse en rexións como Cataluña ou a Comunidade Valenciana.

A actividade principal do sector téxtil galego é a confección de prendas en serie e está composto maioritariamente por pequenas e medianas empresas, aínda que é notable a presenza de importantes empresas de gran tamaño que actúan como dinamizadoras.

 

Xunta de Galicia, Conselleria de Traballo - Dirección Xeral de  Relacións Laborais    Atexga   Unión Europea, Fondo Social Europeo