Prevención de Riesgos Laborales, ATEXGA
Prevención de Riesgos Lalorais
Galego Galego Castelán Castelán

Contorno virtual para a prevención de riscos laborais no sector textil

 
Sobre nós
¿Que é ATEXGA Prevención?
¿Cal é a finalidade?
¿A quen vai dirixido?
 
Lexislación e Normativa de Prevención Riscos Laborais
Guía de Prevención de Riscos
Laborais no sector textil
Estudo de sustancias nocivas
na industria téxtil
Novo Regulamento REACH
 
Barómetro de Prevención de
Riscos Laborais
Directivos
Traballadores
Portada - Guía - Introducción

Guía de Prevención de Riscos Laborais:
Introducción

Guía de Prevención de Riscos Laborais

Aínda que a evolución da sinistralidade laboral nos últimos anos veu botando un balance de moderado optimismo, sobre todo, con respecto aos accidentes de traballo con consecuencias graves ou fatais, o nivel de desenvolvemento económico que experimentou o noso país non pareceu traducirse en seguridade para os traballadores. Datos procedentes de varios estudos, colocan a España nun dos países da Comunidade Europea que encabezan as listas de sinistralidade.

Conscientes de tan elevado índice, faise necesario difundir entre a poboación, medidas e actividades que contribúan a reducir, o mínimo posible, as causas que poidan dar lugar aos sinistros.

Durante moito tempo, as únicas actuacións en materia de prevención, ían encamiñadas a evitar os accidentes que xa aconteceran pero, dende a publicación da Lei de prevención de riscos laborais, produciuse un cambio na forma de abordar o tema da protección da seguridade e saúde do traballador: actúase antes de que aconteza algo, planificándoo axeitadamente.

A LPRL é o piar fundamental no que se asenta toda a normativa española sobre seguridade e saúde no traballo. Nace con vocación de unificar a dispersa normativa existente e actualizar os aspectos técnicos das medidas de prevención para que esta sexa realmente efectiva. Existen, ademais, numerosas disposicións relacionadas, directa ou indirectamente, coa prevención de riscos, que tratan moi diversos aspectos, dende o ruído ou o manexo de cargas, ata as condicións de seguridade que deben reunir as instalacións eléctricas, ou en que casos se pode declarar unha enfermidade como "profesional".

Disposicions minimas relacionadas coa prevencion de riscos laborais

Pódese dicir que, España conta, actualmente, cunha moderna e moi boa lexislación
en materia de prevención de riscos laborais. Pero isto non é suficiente, pois de nada vale a lexislación se non se implantan sistemas que permitan o seu cumprimento.

O risco existe e perxudica ó ser humano. A sociedade é consciente e válese da lexislación para protexer o individuo

Enténdese por prevención, o conxunto de medidas a ter en conta, en todas as fases de actividade dun traballo, co fin de evitar ou diminuír os riscos derivados del. Isto require analizar e avaliar os factores que se presentan no medio laboral para determinar en que grao, positivo ou negativo, afectan a saúde do traballador, e establecer métodos de traballo que, sen deixar de ser rendibles economicamente, creen condicións de traballo que se acheguen ao estado ideal de benestar físico, mental e social ao que todos os traballadores teñen dereito. Polo tanto, o obxectivo da prevención é adiantarse aos posibles desequilibrios, identificar os riscos, cuantificalos e avalialos para adoptar as medidas axeitadas.

A identificación dos riscos, que non puideran ser eliminados, presentes nos lugares de traballo, é o punto de partida dende o que se debe iniciar o labor de prevención. Os accidentes e enfermidades sufridas polos traballadores non só danan a súa saúde, senón tamén o éxito na xestión da empresa.

A Prevención é cuestión de todos, afecta e beneficia a TODOS

De feito, pode afirmarse que, con carácter xeral, os riscos que non se descobren e controlan a tempo, xeran un custo moi superior ao da súa prevención. Por isto, as medidas preventivas non deben ser consideradas un gasto senón máis ben un INVESTIMENTO e incrementarán a eficacia e o rendemento da empresa.

Á parte das motivacións expostas que xustifican a actuación no campo da prevención de riscos laborais, existe outra relacionada co benestar xeral e satisfacción no traballo (un traballador nun marco laboral seguro é un traballador máis satisfeito) polo que se fai necesario estimular e desenvolver nos traballadores unha actitude positiva e construtiva con respecto á prevención.

Para acabar cos riscos hai que esixirse a un mesmo e aos demais o cumprimento das normas e medidas de prevención.

En definitiva, trátase de:

Loxicamente, a información en materia de prevención de riscos é fundamental porque, non se pode previr o que non se coñece. Pero, se só se conta coa información é moi posible que non se logre que todos os traballadores adopten as correspondentes medidas de prevención.

O traballador dificilmente asumirá as informacións relacionadas coa prevención de riscos se non percibe unha actitude de compromiso real por parte da dirección e unha implicación clara dos mandos.

Outro aspecto que xoga un papel moi importante na implantación dunha cultura de prevención é, a formación, tanto de traballadores coma de empresarios. O obxecto desta guía é contribuír a unha difusión dunha cultura preventiva entre os empresarios e traballadores do sector téxtil, facilitando os coñecementos necesarios para a mellora da súa seguridade e saúde.

Recorda que: A formación é fundamental para a seguridade na empresa

Pero non se debe esquecer, que formación non é PREVENCIÓN. Algunhas empresas pensan que coa formación teñen solucionado o «problema» da prevención de riscos laborais xa que para elas se un traballador coñece os riscos aos que está exposto e non toma precaucións, é responsabilidade súa. Isto non é certo pois a responsabilidade de eliminar os riscos ou intentar reducilos correspóndelle ao empresario. Os traballadores han ser conscientes dos beneficios que implica a introdución de medidas preventivas e a empresa entender que estas son necesarias para «cumprir» coa lexislación, evitar sancións e, sobre todo, para traballar mellor e obter maior produtividade.

 

Xunta de Galicia, Conselleria de Traballo - Dirección Xeral de  Relacións Laborais    Atexga   Unión Europea, Fondo Social Europeo