9. Control do risco por exposición a contaminantes químicos
No caso de que a exposición laboral sexa superior ao valor límite (situación de non conformidade), deberán identificarse as razóns polas que se superou este límite e tomar as medidas preventivas axeitadas para garantir un maior nivel de protección da saúde dos traballadores, de acordo ao Capítulo III da Lei 31/1995 de Prevención de Riscos Laborais.
Este procedemento de actuación coñécese como “control do risco” e comprende dúas fases:
- A redución do risco no foco de emisión, no medio de propagación e no receptor.
- A verificación periódica da eficacia dos medios de control.
- A elección do método de control máis adecuado esixe un coñecemento completo tanto das exposicións potenciais como dos factores de exposición no lugar de traballo
|