8. Avaliación do Risco
A avaliación hixiénica pódese definir como un proceso metodolóxico cuxo obxectivo é opinar sobre o grao de perigosidade para a saúde debido á exposición dos traballadores a algún contaminante presente no medio laboral.
FACTORES QUE INFLÚEN NO RISCO
TOXICIDADE DAS SUBSTANCIAS CONTAMINANTES
CONCENTRACIÓN DESTAS SUBSTANCIAS NO AIRE
TEMPO DE EXPOSICIÓN
Para iso, disponse dunha serie de técnicas operativas agrupadas baixo a denominación de avaliación ambiental que se desenvolvan a través da detección e a cuantificación dos contaminantes químicos no ambiente de traballo.
A avaliación ambiental é, polo tanto, un diagnóstico sobre unha situación debida á presenza de contaminantes químicos, baseado na comparación dos datos obtidos por medición ou estimación da exposición cun criterio de valoración. Así, dentro dela pódense distinguir dous grandes grupos de actuación; por un lado, a medición da exposición laboral aos contaminantes que inclúen a súa mostraxe e análises e, por outra parte, o establecemento e uso de criterios
de valoración que permitan, mediante a súa comparación cos valores medidos, estimar o risco para a saúde dos traballadores expostos.
AVALIACIÓN
TER EN CONTA:
TIPO DE CONTAMINANTES E EFECTOS
INDIVIDUAIS E COMBINADOS
CAUSAS DA CONTAMINACIÓN
VÍAS DE ENTRADA
TEMPO REAL DE EXPOSICIÓN
TIPO DE PROTECCIÓN UTILIZADA E A SÚA EFICACIA
VÍAS DE ELIMINACIÓN
MELLORAS TÉCNICAS QUE SE PODEN ADOPTAR
TIPO DE ACTIVIDADE
Por outro lado, a avaliación do risco toxicolóxico nos fluídos ou tecidos biolóxicos dos traballadores expostos constitúe outro procedemento complementario da avaliación ambiental, denominado avaliación biolóxica.
A avaliación biolóxica pódese definir como a decisión sobre o risco para a saúde por exposición laboral a contaminantes químicos, mediante a medición nun medio biolóxico determinado dun parámetro adecuado e a súa comparación con algún criterio de valoración.
O organismo humano pode considerarse como o medidor máis fiable da exposición, sempre que sexa posible unha medición biolóxica adecuada a indicar exactamente o nivel de tóxico presente no seu interior.
Os medios biolóxicos normalmente utilizados para a medición son a urina, o sangue, o aire exhalado, o cabelo, as unllas e as feces. Idealmente, debería analizarse o órgano “diana” sobre o que actúa o tóxico, pero isto non é posible.
O parámetro biolóxico que se pode medir é a concentración do axente químico como tal, os seus metabolitos (os compostos resultantes da biotransformación que sofre unha substancia ao penetrar nun organismo), ou os fenómenos bioquímicos que acompañan a absorción do contaminante. A elección dun ou doutro é moi importante para garantir a detección máis precoz, exacta e fiable posible.
DOSE
CONCENTRACIÓN MEDIA NO AIRE INSPIRADO
x
TEMPO DE EXPOSICIÓN
FUNDAMENTOS DOS CRITERIOS DE VALORACIÓN
- ESTUDOS EPIDEMIOLÓXICOS
- ESTUDOS TOXICOLÓXICOS
- RELACIÓNS
- ESTRUTURA QUÍMICA–ACTIVIDADE BIOLÓXICA
- ENSAIOS CON VOLUNTARIOS
|