Prevención de Riesgos Laborales, ATEXGA
Prevención de Riesgos Lalorais
Galego Galego Castelán Castelán

Contorno virtual para a prevención de riscos laborais no sector textil

 
Sobre nós
¿Que é ATEXGA Prevención?
¿Cal é a finalidade?
¿A quen vai dirixido?
 
Lexislación e Normativa de Prevención Riscos Laborais
Guía de Prevención de Riscos
Laborais no sector textil
Estudo de sustancias nocivas
na industria téxtil
Novo Regulamento REACH
 
Barómetro de Prevención de
Riscos Laborais
Directivos
Traballadores
Portada - Estudo de sustancias nocivas - ATEXGA Prevención

Estudo de sustancias nocivas

7. Axencia Europea de Substancias e Preparados Químicos (ECHA)

A Axencia, con sede en Helsinqui (Finlandia), xestionará os procesos de rexistro, avaliación, autorización e restrición de substancias e preparados químicos co fin de garantir a súa coherencia no territorio da Unión Europea. Estes procesos REACH teñen por finalidade obter información adicional sobre as substancias e os preparados químicos para permitir o seu emprego seguro e garantir a competitividade da industria europea.

As decisións da axencia tomaranse tendo en conta os mellores datos científicos e técnicos e a mellor información socioeconómica dispoñible. A axencia tamén proporcionará información sobre substancias e preparados químicos, así como asesoramento técnico e científico. Na avaliación e aprobación das propostas de ensaio, a Axencia velará por que os ensaios con animais queden reducidos ao mínimo.

Durante os seus 12 primeiros meses de funcionamento, a axencia dedicarase a establecer a súa organización e a contratar persoal para estar en condicións de aceptar rexistros a partir do 1 de xuño de 2008.
O sitio da axencia é o punto de entrada único cara a toda a información sobre REACH. Permite acceder a orientación técnica, preguntas frecuentes, ferramentas informáticas e servizos de asistencia. Ofrécense tamén as últimas actualizacións en materia de orientación, ferramentas, datos sobre substancias químicas e o Regulamento.

A Axencia Europea de Substancias e Preparados Químicos ten por misión:

  • - Xestionar e executar os aspectos técnicos, científicos e administrativos do REACH.
  • - Velar pola coherencia destos aspectos a escala comunitaria.
  • - Facilitarlles aos Estados membros e ás institucións comunitarias o mellor asesoramento científico e técnico posible en cuestións relacionadas coas substancias químicas cubertas baixo REACH.
  • - Xestionar bases de datos, documentos e instrumentos de orientación baseados nas tecnoloxías informáticas .
  • - Apoiar os servizos de asistencia nacionais e ofrecer un servizo de asistencia aos solicitantes de rexistro.
  • - Pór á disposición do público información sobre substancias químicas.


 

 
Menú do Estudo
  1. Introdución
  2. Vías de entrada
  3. Efectos no organismo
  4. Clases de contaminantes
  5. Riscos específicos do sector
  6. Clasificación e etiquetado
  7. Axencia Europea de Sustancias e Preparados Químicos (ECHA)
  8. Avaliación do risco
  9. Control do risco
  10. Métodos de actuación sobre o foco contaminante.
  11. Medios de actuación sobre o medio de difusión.
  12. Métodos de actuación sobre o receptor.
  13. Sistemas de ventilación
  14. Símbolos e indicacións
  15. A etiqueta ecolóxica
  16. OEKO-TEX STANDARD 100
  17. OEKO-TEX STANDARD 1000
  18. OEKO-TEX 100PLUS
  19. Ferramentas de apoio ao cumplimento REACH
  20. Real Decreto 330/2008, do 29 de Febreiro

Xunta de Galicia, Conselleria de Traballo - Dirección Xeral de  Relacións Laborais    Atexga   Unión Europea, Fondo Social Europeo