Prevención de Riesgos Laborales, ATEXGA
Prevención de Riesgos Lalorais
Galego Galego Castelán Castelán

Contorno virtual para a prevención de riscos laborais no sector textil

 
Sobre nós
¿Que é ATEXGA Prevención?
¿Cal é a finalidade?
¿A quen vai dirixido?
 
Lexislación e Normativa de Prevención Riscos Laborais
Guía de Prevención de Riscos
Laborais no sector textil
Estudo de sustancias nocivas
na industria téxtil
Novo Regulamento REACH
 
Barómetro de Prevención de
Riscos Laborais
Directivos
Traballadores
Portada - Estudo de sustancias nocivas - ATEXGA Prevención

Estudo de sustancias nocivas

5. Identificación dos contaminantes. Normativa aplicable

Para proceder a unha correcta identificación e posterior cuantificación dos contaminantes químicos presentes nun determinado ambiente laboral, deberá establecerse unha secuencia de actuación, marcada polos seguintes pasos:

  • Análise previa
    Consiste no estudo do proceso produtivo e na identificación dos posibles contaminantes químicos xerados por el, tales como materias primas manipuladas e substancias xeradas nunha parte intermedia do proceso e o produto final acabado.
  • Establecemento da estratexia de mostraxe
    Deberá basearse na natureza dos contaminantes, nas características inherentes ao propio proceso produtivo (fases, operacións, etc.) e no tempo de exposición dos operarios.
  • Mostraxe de campo
    Consistirá na medición directa ou na toma de mostras para a súa posterior análise no laboratorio.
  • Vías de entrada dos contaminantes químicos
  • Identificación dos contaminantes químicos
    Dende un punto de vista preventivo, calquera estudo ou avaliación dun posto de traballo debe partir do coñecemento da substancia ou das substancias que se manipulan ao xerar no citado posto. Así, é importante coñecer o nome químico e non só o nome comercial das substancias implicadas no proceso. A existencia dunha correcta etiquetaxe informativa, de acordo ao disposto na actual lexislación, é fundamental.

IDENTIFICACIÓN DE CONTAMINANTES

R 23 Tóxico por inhalación
R 45 Pode causar cancro
R 11 Facilmente inflamable

A ETIQUETA DE SEGURIDADE.

Información que se recolle:

• Nome da substancia e a súa concentración.
• Nome de quen fabrique, envase, comercialice ou importe a substancia.
• Pictograma normalizado de indicación de perigo.
• Riscos especificos da substancia (Frases ‘R’ normalizadas).
• Consellos de prudencia (Frases ‘S’ normalizadas).

ETIQUETA SEGURIDADES

Neste sentido, no Real Decreto 99/2003 sobre a notificación de substancias novas e a clasificación, o envasado e a etiquetaxe de substancias perigosas apróbanse os símbolos e as indicacións de perigo das substancias e os preparados perigosos, as frases tipo que indican os riscos específicos derivados dos perigos destas substancias (frases R), e as frases tipo que indican os consellos de prudencia en relación co uso de ditas substancias (frases S). Todos os envases ou recipientes deben conter esta información esencial, co fin de advertir as persoas que manipulan ou utilizan ditas substancias.

As empresas dedicadas á fabricación, importación e comercialización de produtos téxtiles estarán obrigadas a observar as disposicións do Real Decreto 928/1987, relativo á etiquetaxe de composición dos produtos téxtiles. Todos os produtos téxtiles que se fabriquen, comercialicen ou distribúan no mercado español deberán satisfacer os requisitos establecidos no devandito RD.

Quedan excluídos de cumprir o indicado nesta norma:

  • Os produtos téxtiles destinados á exportación a países non membros da comunidade económica europea, sen prexuízo das normas, que en relación co comercio exterior destes produtos se puidesen establecer.
  • Os produtos téxtiles introducidos no país en réxime de tránsito, baixo control aduaneiro.
  • Cando se lles entreguen a título non oneroso para a súa manufactura a traballadores a domicilio ou a empresas independentes que traballen subcontratadas.
  • Os produtos importados de países non membros da comunidade económica europea e destinados ao tráfico de perfeccionamento activo.

Pola súa vez, esta información básica de cada substancia será complementada pola ficha de datos de seguridade FDS, que será elaborada polo responsable da comercialización da substancia ou do preparado perigoso. Os datos que deben figurar nestas fichas veñen recollidos no Anexo II (páx. L 136/84 REGULAMENTO REACH e ss).

Esta información, xunto con todos os datos dispoñibles sobre toxicidade, perigosidade, vías de entrada, efectos sobre o organismo, etc., permítennos realizar as análises do risco por exposición a estes contaminantes químicos.

EPÍGRAFES OBRIGATORIOS DA FICHA DE DATOS DE SEGURIDADE
  • - Identificación da substancia e do responsábel da súa comercialización.
  • - Composición/información sobre os compoñentes.
  • - Identificación dos perigos.
  • - Primeiros auxilios.
  • - Medidas de loita contra incendios.
  • - Medidas que deben tomarse en caso de vertedura accidental.
  • - Manipulación e almacenamento.
  • - Controis de exposición/protección individual.
  • - Propiedades físico-químicas.
  • - Estabilidade e reactividade.
  • - Informacións toxicolóxicas.
  • - Informacións ecolóxicas.
  • - Consideracións relativas á eliminación.
  • - Informacións relativas ao transporte.
  • - Outras informacións.


5.1 – REGLAMENTO REACH
5.1.1. ¿A qué afecta o regulamento REACH?

5.1.2. ¿En qué afecta o Regulamento REACH aos usuarios intermedios?: como cumprir coas obligacións de usuarios intermedios a corto e a medio prazo.

5.1.3 ¿Haberá orinetacións para cumprir as obrigacións de Reach?: que deben facer as empresas.

 
Menú do Estudo
  1. Introdución
  2. Vías de entrada
  3. Efectos no organismo
  4. Clases de contaminantes
  5. Riscos específicos do sector
  6. Clasificación e etiquetado
  7. Axencia Europea de Sustancias e Preparados Químicos (ECHA)
  8. Avaliación do risco
  9. Control do risco
  10. Métodos de actuación sobre o foco contaminante.
  11. Medios de actuación sobre o medio de difusión.
  12. Métodos de actuación sobre o receptor.
  13. Sistemas de ventilación
  14. Símbolos e indicacións
  15. A etiqueta ecolóxica
  16. OEKO-TEX STANDARD 100
  17. OEKO-TEX STANDARD 1000
  18. OEKO-TEX 100PLUS
  19. Ferramentas de apoio ao cumplimento REACH
  20. Real Decreto 330/2008, do 29 de Febreiro

Xunta de Galicia, Conselleria de Traballo - Dirección Xeral de  Relacións Laborais    Atexga   Unión Europea, Fondo Social Europeo