Prevención de Riesgos Laborales, ATEXGA
Prevención de Riesgos Lalorais
Galego Galego Castelán Castelán

Contorno virtual para a prevención de riscos laborais no sector textil

 
Sobre nós
¿Que é ATEXGA Prevención?
¿Cal é a finalidade?
¿A quen vai dirixido?
 
Lexislación e Normativa de Prevención Riscos Laborais
Guía de Prevención de Riscos
Laborais no sector textil
Estudo de sustancias nocivas
na industria téxtil
Novo Regulamento REACH
 
Barómetro de Prevención de
Riscos Laborais
Directivos
Traballadores
Portada - Estudo de sustancias nocivas - ATEXGA Prevención

Estudo de sustancias nocivas

5.1.3 ¿Haberá orientación para cumprir as obrigacións REACH? Que deben facer as empresas

Durante os últimos anos estivéronse desenvolvendo documentos de orientación para a industria e as autoridades co fin de lograr unha aplicación de REACH sen problemas. Estes documentos elaboráronse e discutíronse no marco de proxectos liderados polos servizos da Comisión Europea, nos que participan as partes interesadas de industria, Estados Membros e organizacións non gobernamentais. Estes documentos serán publicados nesta páxina web unha vez finalizados ou actualizados, segundo o caso.

Estableceranse servizos nacionais de asistencia técnica en cada Estado membro co fin de ofrecerlle asesoría á industria en canto ás súas obrigacións e ao seu cumprimento con REACH, en especial no que se refire ao Rexistro.

En España FEIQUE, a patronal química, e INERCO, a maior e máis experimentada enxeñería especializada no sector, constituíron a sociedade REACH Integra co obxectivo de facilitarlles ás empresas españolas a súa adaptación ao Regulamento REACH. Ofrécenlle solucións a todo o tecido industrial español para adaptarse ao regulamento e ao complicado sistema de rexistro, avaliación e autorización que esta normativa lles impón ás empresas produtoras, importadoras ou usuarias de substancias químicas (ver apdo.19: ferramentas de apoio ao cumprimento REACH).
Importante: As empresas que non se adapten ao REACH non poderán seguir operando no mercado.

¿QUE TEÑEN QUE FACER AS EMPRESAS?

  • COÑECER AS SUBSTANCIAS E PREPARADOS
    • INVENTARIAR o conxunto de substancias (nº CAS) e preparados (substancias que conteñen)
    • ANALIZAR se están ou non afectadas polo REACH
    • ÁMBITO: materias primas, intermedios, substancias e preparados postos no mercado…
    • Especial atención a: CMR, PBT, vPvB, substancias prod/import >1000T
    • ACHEGARSE AOS PROVEDORES
    • Coñecer o seu “status”: importador, fabricante, distribuidor…
  • FORMACIÓN DE CONSORCIOS / SIEF
    -Consorcio (contrato):
    Necesitará o visto e prace dos servizos de asesoría xurídica de cada empresa.
    Existe un modelo preliminar de contrato en CEFIC.
    Consorcios formados
    Existen algúns xa formados para unha substancia ou familia (no contorno de CEFIC).
    -Asociación industrial vs. Consorcio
    Son dúas figuras diferentes, aínda que a primeira pode actuar de “iniciador” para constituír a segunda.
    -SIEF: foro de intercambio de información de substancias
    Un por substancia rexistrada.
    Fabricantes, importadores, outras partes interesadas ou que proporcionen datos (DATA HOLDERS).
    Formalmente, constitúense despois do pre-rexistro: xaneiro 2009
  • COÑECER OS CLIENTES E OS USOS DAS SUBSTANCIAS
    -COÑECER OS CLIENTES E OS USOS DAS SUBSTANCIAS
    ¿Nivel de confidencialidade?
    ¿Segredos de fabricación que hai que protexer?
    -DISPOÑER DE INFORMACIÓN
    Usos de substancias dados polos clientes cunha visión global do “ciclo de vida”.
    -COÑECER OS “USOS INAPROPIADOS”
    Usos “non apoiados” polo que ten que rexistrar.
    Escoitar as preocupacións neste sentido dos clientes.
  • CUSTOS DO REACH
    -ESTIMACIÓN DO CUSTO DO REACH

    CUSTPS DIRECTOS: REXISTRO / AUTORIZACIÓN
    • estudos necesarios
    • taxas de rexistro e de autorización
    • recursos para cumprir o REACH
    CUSTOS INDIRECTOS (DÉBENOS ESTUDAR AS UUNN)
    • Prohibición de certos usos
    • novos mercados (deslocalización)
    -CUSTOS PREVISTOS: RECURSOS
    Actividades que precisan recursos
    • seguimento
    • participación foros
    • compilación de datos
    • coñecemento software: iuclid 5.0
    • relación con provedores
    • relación con clientes
    • coordinación entre diferentes áreas/departamentos nas empresas.
    IMPACTO DIRECTO E INDIRECTO DE REACH E CONSECUENCIAS NO NEGOCIO
    • Análise do impacto augas arriba nos subministradores: desaparición de substancias, modificación de formulacións (custos I+D), incremento dos custos de materias primas, deslocalización de mercados…
    • Análise do impacto augas abaixo: substitución de substancias, cambios de formulación…
  • COMUNICACIÓN AO LONGO DA CADEA DE SUBMINISTRACIÓN
    HAI UNHA OBRIGACIÓN DE COMUNICAR INFORMACIÓN AUGAS ARRIBA E ABAIXO NA CADEA DE SUBMINISTRACIÓN
    • ¿Que información?
    • Perigos e riscos
    • Uso
    • Exposición
    • Fichas de Datos de Seguridade ampliadas
    • Número de rexistro REACH
    • Espérase un incremento na comunicación entre subministrador-cliente a partir de 2008
    • Esta comunicación deberá continuar ata 2018

 

 
Menú do Estudo
  1. Introdución
  2. Vías de entrada
  3. Efectos no organismo
  4. Clases de contaminantes
  5. Riscos específicos do sector
  6. Clasificación e etiquetado
  7. Axencia Europea de Sustancias e Preparados Químicos (ECHA)
  8. Avaliación do risco
  9. Control do risco
  10. Métodos de actuación sobre o foco contaminante.
  11. Medios de actuación sobre o medio de difusión.
  12. Métodos de actuación sobre o receptor.
  13. Sistemas de ventilación
  14. Símbolos e indicacións
  15. A etiqueta ecolóxica
  16. OEKO-TEX STANDARD 100
  17. OEKO-TEX STANDARD 1000
  18. OEKO-TEX 100PLUS
  19. Ferramentas de apoio ao cumplimento REACH
  20. Real Decreto 330/2008, do 29 de Febreiro

Xunta de Galicia, Conselleria de Traballo - Dirección Xeral de  Relacións Laborais    Atexga   Unión Europea, Fondo Social Europeo