5.1.2 ¿En qué afecta o Regulamento REACH aos usuarios intermedios?
Como cumprir coas obligacións de usuarios intermedios a corto e a medio prazo.
•
COORDINADOR REACH NA EMPRESA
Podemos identificar os seguintes Usuarios Intermedios, tarefas e funcións dentro da organización:
- Proceso de selección de novas substancias destinadas á produción, I+D, así como a substitución de substancias existentes proceso que non cumpran os reqUsuarios Intermediossitos deste regulamento europeo.
- Inclusión nos requisitos Usuarios Intermedioss de compra dos produtos químicos unha cláusula relativa á subministración e posta ao día das FDS; información/sensibilización dos departamentos de compras.
- Avaliación da calidade das FDS dos subministradores, para detectar anomalías e erros, como por exemplo:
- Balance incompleto da composición no apartado 2.
- Recomendacións de EPI´s non axeitadas ao uso no apart. 8
- Comunicación e información bidireccional tanto con provedores como cos clientes.
•
INVENTARIO DE SUBSTANCIAS E PREPARADOS
Ao realizar un inventario do conxunto de substancias como tales e as contidas en preparados, recollerá a seguinte información:
- MATERIAS PRIMAS, SUBSTANCIAS INTERMEDIAS.
- USOS DA SUBSTANCIA: biocidade, espesante, carga, etc.
- ESPECIAL ATENCIÓN: CMR 1 e 2 > 1T ano, PBT, mPmB, substancias producidas ou importadas > 1000T ano.
É vital para os USUARIOS INTERMEDIOS realizar un inventario o máis completo posible para poder actuar en consecuencia.
•
PREVISIÓN DE CUSTOS
- Incremento de custos de materias primas, e incluso incremento de custos de formulacións novas derivadas de cambios en materias primas.
- Custos administrativos: elaboración de informes, constitución de consorcios.
- Implantación de medidas de Xestión do Risco (FDS expandida).
- Elaboración de escenarios de exposición propios.
- Busca de novos provedores.
- Viaxes e contactos con outras empresas e cos nosos subministradores.
•
FORMACIÓN
- Obrigacións de REACH.
- Busca, recompilación de información tanto interna como externa.
- Avaliación do risco.
- Substancias PBTs e mPmB e substancias intermedias.
- Formación básica en eco/toxicoloxía.
¿
En que afecta o Regulamento REACH aos usuarios intermedios?:
• Fabricación e comercialización de preparados formulados exclusivamente con substancias rexistradas ou autorizadas para o uso para o que se van empregar.
PRE-REXISTRO e REXISTRO
- Interese de rexistrar algunha substancia ou preparado (envío da información á Axencia Europea).
- Comprobación da información publicada tras o pre-rexistro do subministrador.
COMUNICACIÓN CON PROVEDORES
- Garantir o rexistro de “uso” determinado.
- Protección da confidencialidade do negocio.
Substancia Rexistrada:
- Comprobación do “uso” rexistrado: 12 meses dende que o provedor facilita a información.
- Solicitar que o “uso” sexa un “uso identificado”.
COMPROBACIÓN DAS AUTORIZACIÓNS
- O provedor obtivo unha autorización e o “uso” axústase ás condicións da autorización.
- Verificación da información co número de autorización
(web da Axencia: http://ec.europa.eu/echa/home_es.html).
- Informar á Axencia do “uso” da substancia autorizada.
• Garantir o uso seguro de substancias e de preparados químicos
- Comunicación co provedor.
- Comprobar a información facilitada polo provedor.
- Fichas de datos de seguridade. (FDS)
- FDS ampliadas con escenarios de exposición.
- Aplicar as medidas de xestión do risco propostas polos fabricantes das substancias rexistradas.
• Facilitarlles as FDS aos clientes
- Para substancias e preparados perigosos.
- A petición do destinatario, para preparados non perigosos que conteñan unha substancia perigosa nunha concentración > 1% en peso (non gasosos) ou ao 0,2% en volume (gasosos); unha substancia persistente, bioacumulativa ou tóxica ou moi persistente e moi bioacumulativa en concentración > 0,1% en peso (non gasosos).
• Elaboración de novas Fichas de Datos de Seguridade
- Epígrafe 1, apto.3 (identificación da sociedade ou empresa): incluír Usuarios Intermedios, enderezo electrónico da persoa competente responsable da FDS.
- Epígrafe 1, apto.4 (Teléfono de urxencias): debe indicarse se o teléfono consignado neste apartado está dispoñible só durante as horas de oficina.
- Epígrafe 2 e epígrafe 3: ¡¡Cambian de orde!!
- Nova información no epígrafe 3: incluír Usuarios Intermedios o número de rexistro de cada substancia mencionada.
Esixiranse estes cambios ás novas FDS e ás FDS que se revisen, existindo prazo ata 1-dec-2010 para adecuar todas as FDS.
• Transmisión da información ao longo da cadea de uso
POSTERIORES Á CADEA: CLIENTES
- Ficha de Datos de Seguridade con todas as características esixidas polo Regulamento Europeo.
ANTERIORES Á CADEA: PROVEDORES
- Información nova sobre as propiedades perigosas, independentemente dos usos dos que se trate.
- Calquera Usuario Intermedio ou outra información que poida poñer en dúbida a idoneidade das medidas de xestión dos riscos identificados na FDS; esta información referirase unicamente aos usos identificados. Por exemplo, información sobre exposición, información suplementaria sobre os efectos dunha substancia, ou información práctica das medidas de redución de riscos.
COMUNICACIÓN Á AXENCIA
- Se os USUARIOS INTERMEDIOS fan un “uso” non recollido polo provedor debe transmitirlle certa información á Axencia.
- Se a clasificación dunha substancia difire entre os USUARIOS INTERMEDIOS e o seu provedor, excepto se usa a substancia < 1T ano.
- Ao usar unha substancia autorizada, deberáselle notificar á Axencia nun prazo de tres meses dende a primeira subministración.
GARDAR A INFORMACIÓN
- Os USUARIOS INTERMEDIOS deben gardar toda a información necesaria para cumprir todas as súas obrigacións con REACH durante un mínimo de 10 anos dende o último “uso” da substancia como tal, ou en forma de preparado. A autoridade competente do Estado membro en que estea establecido o USUARIO INTERMEDIO ou a Axencia poden solicitar esta información.
• Adaptación da clasificación e etiquetaxe
REACH non inclúe normas de clasificación, etiquetaxe e envasado de substancias e preparados perigosos. Continuarase aplicando a normativa actual.
CATÁLOGO DE CLASIFICACIÓN E ETIQUETAXE
- A Axencia creará e manterá en forma de base de datos un catálogo de clasificación e etiquetaxe.
- Será accesible a todo o público co propósito de informar sobre as substancias.
- As empresas terán que incluír os Usuarios Intermedios nas súas clasificacións no catálogo.
APLICACIÓN DE GHS
Novo Sistema de Clasificación e Etiquetaxe, desenvolvido por Nacións Unidas.
Existe un borrador de proposta, elaborado pola comisión europea, no que aparecen novas categorías de clasificación e novos pictogramas; primeiro aplicaráselles ás substancias e logo máis adiante aos preparados.
(http://ec.europa.eu/enterprise/reach/ghs_en.htm
CONCLUSIÓNS XERAIS PARA OS USUARIOS INTERMEDIOS
- Formación, Información, Sensibilización, desenvolvemento axeitado da tutela do produto.
- Revisión das Substancias coas que traballas.
- Lista dos seus subministradores.
- Concienciación dos nosos clientes sobre o REACH.
- Organización da trazabilidade das informacións.
|