4. Clases de contaminantes químicos
Os contaminantes químicos en canto ao seu xeito de presentarse clasificámolos da seguinte maneira:
- MOLÉCULAS INDIVIDUAIS. Gases ou Vapores
- GRUPOS DE MOLÉCULAS (aerosois). FIBRAS Anchura = 1/3 lonxitude, POS (Xeración mecánica), FUMES (Xeración por combustión), NÉBOAS.
Os gases e os vapores mestúranse perfectamente co aire e chegan aos pulmóns, onde pasan ao sangue e se distribúen por todo o organismo. Expándense polo espazo rapidamente e permanecen no aire durante longos períodos de tempo.
Os aerosois tamén permanecen no aire durante moito tempo, son partículas finamente divididas suspendidas no aire. Os aerosois líquidos son as ‘néboas’ e os aerosois sólidos poden ser ‘po’, que se produce por xeración mecánica como pode ser o po de sílice nas canteiras ou o po da madeira nas carpinterías; e ‘fumes’, que se orixina nunha combustión. As ‘fibras’ veñen ser aerosois sólidos como o po pero coa característica de que a forma da partícula é diferente,
a súa lonxitude ten que ser 3 veces a súa anchura.
 O tamaño da partícula é moi importante por varios motivos. Por un lado, canto máis grande e pesada sexa a partícula, menos tempo permanecerá o aerosol suspendido no aire e, ademais, hai que ter en conta que as vías respiratorias actúan como filtro deixando pasar, segundo a que zonas, un tamaño determinado de partícula. (Canto máis nos achegamos aos alvéolos pulmonares as partículas que poden pasar son máis pequenas.)
Na exposición a contaminantes químicos no traballo estamos falando xeralmente de tamaños de partículas que o ollo human non é capaz de captar polo que debemos ter en conta que “aínda que non se vexan, pode haber partículas no aire capaces de exerceren a súa acción tóxica” .
TIPOS DE INTOXICACIÓNS
- AGUDAS
Gran cantidade de contaminante en pouco tempo.
- CRÓNICAS
Pequenas cantidades de contaminante día tras día durante un período de tempo prolongado.
|