3. Efectos no organismo
Na industria empréganse gran cantidade de produtos químicos que poden resultar prexudiciais para a saúde. Canto menor sexa a dose precisa para que unha substancia produza danos no organismo, maior é a súa toxicidade. Os seus efectos pódense manifestar incluso moito tempo despois de cesar a exposición.
Os efectos no organismo poden ser de moi diversos tipos, dependendo da vía de entrada e da natureza do propio contaminante. Exemplos: Irritación das vías respiratorias polo amoníaco, alteracións do SNC (Sistema Nervioso Central) por mercurio ou por disolventes orgánicos, alteracións no sangue producidas polo monóxido de carbono (CO).
No sector téxtil existe unha exposición continua, en certos procesos, ao uso de tinguiduras, colorantes e produtos químicos nocivos para a saúde, especialmente na estampación téxtil coa pistola de aerografía, o que pode desembocar nun risco moi perigoso como son as patoloxías pulmonais.

Independentemente do tipo de efecto que nos poida producir un contaminante, debemos ter en conta que a intensidade de dito efecto vai depender da cantidade de substancia que penetra no organismo, é dicir, da dose que recibimos.
O que se pretende ao adoptar medidas preventivas contra os contaminantes é precisamente conseguir que esas doses que recibimos sexan as menores posibles.
|