19. Real Decreto 330/2008, do 29 de Febreiro, polo que se adoptan medidas de control á importación de determinados productos respecto ás normas aplicables en materia de seguridade de productos
O Senado, consciente da necesidade de reactivar os mecanismos de control existentes nas aduanas para garantir a sanidade, a seguridade e a calidade industrial dos produtos importados de terceiros países, co fin de protexer a saúde e a seguridade dos consumidores en igualdade de condicións que cos produtos comunitarios, na sesión do día 21 de marzo de 2006, aprobou unha moción pola que insta o Goberno para que defina unha relación de produtos sensibles e reforce os mecanismos de control existentes nas aduanas españolas respecto
de ditos produtos, a través da extensión das competencias do Servizo de Inspección do Comercio Exterior SOIVRE da Secretaría Xeral de Comercio Exterior do Ministerio de Industria, Turismo e Comercio.
Obxecto do RD 330/2008: adoptar medidas para reforzar as previsións contidas no Regulamento (CEE) n.º 339/93 do Consello, do 8 de febreiro de 1993, relativo aos controis de conformidade de produtos importados de terceiros países respecto ás normas aplicables en materia de seguridade dos produtos, sen prexuízo das competencias atribuídas a outros departamentos ministeriais ou organismos da Administración Xeral do Estado.
¿ A QUE PRODUTOS SE APLICA?: No ANEXO I están relacionados os Produtos de importación procedentes de terceiros países sometidos a control de seguridade previo ao seu despacho aduaneiro (Códigos Nomenclatura Combinada).
CONTROL PREVIO Á IMPORTACIÓN
A Secretaría Xeral de Comercio Exterior, a través do Servizo de Inspección SOIVRE das direccións territoriais e provinciais de Comercio efectuará, con carácter previo ao despacho a libre práctica, actuacións de control da conformidade respecto das normas aplicables en materia de seguridade e de etiquetaxe dos produtos que se van importar que figuran no anexo I.
Para tal fin realizaranse as actuacións seguintes:
- - Control dos produtos
Á
vista das notificacións de importación recibidas, o Servizo de Inspección SOIVRE das direccións territoriais e provinciais de comercio, en función da análise de risco dunha operación de importación á introdución de mercadoría non conforme e, no seu caso, das comunicacións sobre este extremo do Instituto Nacional de Consumo, determinará a procedencia de levar a cabo un control das mercadorías. No caso de realizar dito control, que poderá ser documental e/ou físico, procederase
da seguinte maneira:
a) Control documental, consistente na comprobación de que o produto presentado a control vai acompañado da documentación esixible na normativa de seguridade, así como da documentación comercial correspondente.
b) Control físico, no seu caso, dirixido a comprobar as características do produto, que poderá comportar a realización de toma de mostras e do seu ensaio no laboratorio.
Ademais, este control estenderase ao do marcado e etiquetaxe que, no seu caso, proceda.
- - Emisión, se procede, do Número de Referencia Completo (NRC) para efectos do despacho aduaneiro e expedición, no seu caso, dos documentos correspondentes que se deriven da actuación de control.
- -Notificación á autoridade aduaneira nos casos de non conformidade e ao Instituto Nacional de Consumo.
OBRIGACIÓNS DOS IMPORTADORES
Todo importador dunha mercadoría incluída no anexo I deberá, el mesmo ou a través do seus representantes, facilitar os medios necesarios para o mellor cumprimento das actuacións de control pertinentes, así como achegar os documentos, rexistros e certificados que se lle soliciten en adecuación aos fins previstos neste real decreto.
Notificación da importación.
- Os importadores de mercadorías suxeitas ao ámbito de aplicación do presente Real Decreto deberán, por si mesmos ou a través dos seus representantes, notificarlle á dirección territorial ou provincial de Comercio que corresponda, os envíos destinados a ser importados de países terceiros.
- Exímense da obrigación de notificación e, consecuentemente,
do correspondente control, todas as operacións que non teñan carácter comercial.
- A notificación dirixirase coa suficiente antelación ao Servizo de Inspección SOIVRE das direccións territoriais e provinciais de Comercio de forma que, se dito Servizo considera necesario efectuar un control físico da mercadoría, este poida levarse a efecto nos puntos de inspección habilitados.
- A notificación realizarase por vía telemática, de acordo co previsto na Orde ITC/3928/2004, do 12 de novembro, pola que se crea un rexistro telemático no Ministerio de Industria, Turismo e Comercio.
No obstante o anterior, a notificación poderá efectuarse por escrito ou mediante calquera outro medio de transmisión que permita a obtención de constancia documental.
En calquera caso, a notificación deberá conter, como mínimo, os seguintes datos:
a) Aduana de entrada.
b) Importador (e representante, no seu caso):
1) Nome, enderezo ou razón social.
2) Nacionalidade.
3) Número de identificación fiscal (NIF).
c) Fabricante.
d) Exportador.
e) País de orixe da mercadoría.
f) País de procedencia da mercadoría.
g) Localización da/s partida/s para inspección.
h) Identificación do medio de transporte.
i) Datos da/s partida/s que hai que controlar:
1) Natureza do produto.
2) Código TARIC.
3) Número de unidades/caixas/vultos/«palets».
4) Marca comercial/código lote de fabricación.
5) Peso neto.
6) Valor (segundo factura).
j) Fecha e lugar da notificación.
PUNTOS HABILITADOS PARA A INSPECCIÓN: ART. 7 RD 333/2008
- 1. O control dos produtos establecidos no anexo I realizarase nos lugares habilitados como recintos aduaneiros ou similares.
- 2. O persoal inspector das direccións territoriais e provinciais de comercio terá acceso, debidamente acreditado, aos lugares ou instalacións onde se deban realizar os controis.
- 3. O persoal inspector adscrito ás direccións territoriais e provinciais de comercio, no exercicio das funcións de control previstas neste real decreto, terá o carácter de axente da autoridade, podendo recabar as autoridades competentes o concurso, apoio e protección que lle sexan precisos.
NATUREZA E ALCANCE DA ACTIVIDADE DE CONTROL. ART. 8 RD 333/2008
A realización, por parte do Servizo de Inspección SOIVRE das direccións territoriais e provinciais de comercio, dos controis descritos no artigo 5 non limitará nin condicionará, de ningunha maneira, a eventual aplicación da lexislación sobre responsabilidade dos fabricantes e importadores polos danos ocasionados por produtos defectuosos, nin das obrigacións que conforme á normativa aplicable, civil e mercantil, en materia de protección dos consumidores poden xurdir a cargo das empresas nos supostos de retirada e recuperación
dos produtos dos consumidores.
ENTRADA EN VIGOR DO RD 333/2008: Este RD entrou en vigor o 12 de xuño de 2008.
|