Introdución
Os axentes ou contaminantes químicos son substancias que poden ser absorbidas polo organismo e causar algún tipo de dano na nosa saúde.
Todas as substancias químicas son potencialmente tóxicas ou daniñas, dependendo da dose que se reciba. O dano vai depender do tempo que permanecemos expostos a esa substancia e da súa concentración no ambiente de traballo.
Os procesos químicos no sector do téxtil inclúen todas aquelas operacións nas que a materia téxtil se somete a un tratamento químico coa finalidade de que melloren o seu aspecto, melloren o seu comportamento no uso ou que o seu coidado sexa máis fácil.

|