19. Ferramentas de apoio ao cumprimento REACH
http://www.reachintegra.com
FEIQUE e INERCO constitúen REACH Integra coa misión de facilitar o cumprimento do Regulamento REACH por parte das empresas afectadas con garantías de eficacia e solvencia.
REACH Integra pon á libre disposición un portal web, con ferramentas e acceso a información, que lle permitirá a calquera persoa interesada poder:
- - Diagnosticar se a súa empresa se encontra afectada por REACH.
- - Realizar o inventario de substancias e usos.
- - Identificar e programar as actuacións para cumprir o REACH do xeito máis eficaz.
- - Controlar e xestionar o proceso de adaptación ao REACH.
- - Dispor de información útil sobre REACH.
REACH Integra é unha ferramenta de diagnóstico que ofrece un servizo público e gratuíto que lle permite a calquera empresa estar plenamente informada sobre a normativa e incluso coñecer se se encontra afectada por ela.
Esta ferramenta, xa activa e á cal se accede on line a través da plataforma www.reachintegra.com, supón un valor engadido incuestionable co que moitas empresas poderán comezar con éxito o seu proceso de adaptación.
 Ofrécese un servizo integral a partir de 3 eixes de actuación
- - Portal de información e de autoxestión que incorpora tanto ferramentas gratuítas de diagnóstico e información actualizada, como ferramentas que permiten, de maneira sinxela, que cada empresa realice unha análises e preparación básicas para abordar o cumprimento e as súas propias xestións en adaptación ao REACH. Todo iso posibilita realizar o inventario de substancias químicas e usos da empresa, identificar e programar as actuacións que cómpre emprender, calcular e coñecer
os custos de adaptación e establecer o Plan de Acción Integral para cumprir con todo o proceso.
- - Proporciona todos os servizos técnicos necesarios como a elaboración de documentación e a xestión integral do rexistro, a avaliación de riscos das substancias, a elaboración do Informe de Seguridade Química e a solución de todos aqueles requisitos que o proceso demande.
- - Asesoría técnico-legal: Labores de formación e elaboración de dictames sobre a clasificación das distintas substancias, a constitución de consorcios e excepcións, a asistencia na constitución de representantes únicos ante a Unión Europea para empresas de terceiros países, a elaboración de informes de avaliación de protección e vías de protección mediante dereitos de propiedade intelectual/industrial e informes de infracción de dereitos de patente de terceiros,
a determinación de carácter de confidencialidade na documentación técnica para presentar á Axencia, a regulación contractual entre solicitantes de rexistro dunha mesma substancia ou a defensa de dereitos de patente fronte a infraccións de terceiros, incluíndo acordos de licenza, cesión…
|