17. OEKO-TEX STANDARD 1000
Como complemento á norma referida ao produto Oeko-Tex Standard 100, no caso da norma Oeko-Tex Standard 1000 trátase dun sistema de análises, auditoria e certificación para fábricas de fío ecolóxicas ao longo da cadea téxtil.
Para unha certificación segundo a norma Oeko-Tex Standard 1000 as empresas teñen que cumprir determinados criterios referentes aos seus procesos de produción compatibles co medio natural, probando que polo menos o 30 % do total da produción xa están certificados pola norma Oeko-Tex Standard 100.
Dentro dos criterios exixidos cóntanse, entre outros:
- - A exclusión de auxiliares e colorantes nocivos para o medio natural.
- - O mantemento de valores de orientación para a purificación de augas residuais e o aire de escape.
- - Emprego aforrador de enerxía.
- - Evitar o ruído e o po.
- - Medidas definidas de seguridade no posto de traballo.
- - Renuncia ao traballo infantil.
- - Introdución de elementos fundamentais dun sistema de xestión do medio natural.
O control da fábrica realízao un inspector independente comisionado pola Comunidade internacional Oeko-Tex para produtos téxtiles filoecolóxicos. O certificado tiña unha validez de tres anos.
Vantaxes
O custo adicional dunha certificación do proceso de produción segundo a norma Oeko-Tex Standard 1000 bríndalles as vantaxes seguintes ás empresas produtoras de tecidos e de confeccións:
- -documentación de efecto público das medidas ecolóxicas obxectivas determinadas nunha localidade de produción.
- -unha efectividade de produción aumentada e desta forma unha redución de custos.
- -redución de desperdicios
- -un avance da aceptabilidade de produtos propios no mercado;
Outras informacións acerca das normas Oeko-Tex Standard 1000 e 100plus atópanse en www.oeko-tex1000.com.
|