Prevención de Riesgos Laborales, ATEXGA
Prevención de Riesgos Lalorais
Galego Galego Castelán Castelán

Contorno virtual para a prevención de riscos laborais no sector textil

 
Sobre nós
¿Que é ATEXGA Prevención?
¿Cal é a finalidade?
¿A quen vai dirixido?
 
Lexislación e Normativa de Prevención Riscos Laborais
Guía de Prevención de Riscos
Laborais no sector textil
Estudo de sustancias nocivas
na industria téxtil
Novo Regulamento REACH
 
Barómetro de Prevención de
Riscos Laborais
Directivos
Traballadores
Portada - Estudo de sustancias nocivas - ATEXGA Prevención

Estudo de sustancias nocivas

16. OEKO-TEX STANDARD 100

OEKO-TEX STANDARD 100A norma Oeko-Tex Standard 100 é un sistema de ensaios e certificación unificado a escala mundial para produtos téxtiles crus, intermedios e acabados en todas as etapas do proceso.
As análises das substancias tóxicas comprenden substancias prohibidas e regulamentadas legalmente, produtos químicos estimados como perigosos para a saúde, así como parámetros de prevención hixiénica.
A asignación dun produto téxtil analizado a unha das catro clases de produtos de Oeko-Tex oriéntase ao uso do produto téxtil. Mentres máis intenso é o contacto dun produto coa pel, máis rigorosos son os requisitos humano-ecolóxicos que hai que cumprir.

Os produtos ou grupos de artigos analizados exitosamente poden ser distinguidos coa marca Oeko-Tex polos produtores e promovidos de xeito usual, sempre e cando se demostrase no marco de amplas probas de laboratorio, que todos os compoñentes, incluíndo os accesorios, cumpren sen excepción os criterios de análises requeridas. Un certificado expedido ten validez por un ano e pode ser prorrogado repetidas veces.

Vantaxes
Unha certificación segundo a norma Oeko-Tex Standard 100 brinda unha serie de vantaxas para as empresas das industrias téxtil e de confección que desexan ofertarlles produtos hixienicamente inofensivos aos seus clientes:

O principio modular da norma prevé a posibilidade de comprobación e certificación de produtos téxtiles en todas as etapas do proceso. Mediante o emprego de certificados das etapas previas evítanse as comprobacións dobres.

A responsabilidade pola calidade humano-ecolóxica dos produtos recíbea en cada caso aquel que modifique o produto cualitativa ou quimicamente durante o proceso. Deste xeito, os fabricantes de confección, como último elo da cadea de produción, tamén poden certificar as súas coleccións nun marco de custos apreciable.

O catálogo de criterios Oeko-Tex empregado a escala mundial brinda un perfil de requisitos uniforme para a compra e as condicións de subministracións; grazas a isto simplifícase e acelérase o fluxo de información.

Esa vantaxe de transparencia significa claramente maior seguridade de produto e aforro de tempo, sobre todo, para empresas con ciclos de produción extremadamente curtos e un sistema interno de aseguramento da calidade complexo.

Análises de substancias tóxicas
O catálogo de comprobación internacional obrigatorio segundo a norma Oeko-Tex Standard 100 baséase nos parámetros fundamentados cientificamente, sendo adecuado anualmente ao estado actual da lexislación e das investigacións.

O catálogo de criterios abrangue concretamente:

  • - Substancias prohibidas legalmente tales como colorantes canceríxenos.
  • - Substancias regulamentadas legalmente tales como formaldehído, suavizantes, metais pesados ou pentaclorofenol.
  • - Substancias perigosas para a saúde segundo o estado de coñecemento actual, pero sen regulamentación nin prohibición legal tales como pesticidas, colorantes alergizantes ou compostos orgánicos de estaño.
  • - Parámetros como colorantes e un valor de PH agradable á pel, que serven para a prevención hixiénica do usuario.
Un resumo completo de todos os parámetros de comprobación e valores límites encóntranse no punto de menú "Valores límites" do enderezo web http://www.oeko-tex.com.
 
Menú do Estudo
  1. Introdución
  2. Vías de entrada
  3. Efectos no organismo
  4. Clases de contaminantes
  5. Riscos específicos do sector
  6. Clasificación e etiquetado
  7. Axencia Europea de Sustancias e Preparados Químicos (ECHA)
  8. Avaliación do risco
  9. Control do risco
  10. Métodos de actuación sobre o foco contaminante.
  11. Medios de actuación sobre o medio de difusión.
  12. Métodos de actuación sobre o receptor.
  13. Sistemas de ventilación
  14. Símbolos e indicacións
  15. A etiqueta ecolóxica
  16. OEKO-TEX STANDARD 100
  17. OEKO-TEX STANDARD 1000
  18. OEKO-TEX 100PLUS
  19. Ferramentas de apoio ao cumplimento REACH
  20. Real Decreto 330/2008, do 29 de Febreiro

Xunta de Galicia, Conselleria de Traballo - Dirección Xeral de  Relacións Laborais    Atexga   Unión Europea, Fondo Social Europeo