14. Simbolos e indicacións de perigo das substancias
PREPARADOS PERIGOSOS

- Explosivos
As substancias e preparados sólidos, líquidos, pastosos ou xelatinosos que, incluso en ausencia de osíxeno do aire, poidan reaccionar de xeito exotérmico con rápida formación de gases e que, en determinadas condicións de ensaio, detonan, deflagran rapidamente ou, baixo o efecto da calor, en caso de confinamento parcial, explotan.
- Comburentes
As substancias e preparados que, en contacto con outras substancias, en especial con substancias inflamables, produzan unha reacción fortemente exotérmica.
- Extremadamente inflamables
As substancias e preparados líquidos que teñan un punto de ignición extremadamente baixo e un punto de ebulición baixo, e
e as substancias e preparados gasosos que, a temperatura e presión normais, sexan inflamables no aire. P.I. < 0ºC ; P.E. >35ºC
- Facilmente inflamables
As substancias e preparados:
•
Que poidan quentarse e inflamarse no aire a temperatura ambiente sen achega de enerxía.
•
Os sólidos que poidan inflamarse facilmente tras un breve contacto cunha fonte de inflamación e que sigan queimándose
ou consumíndose unha vez retirada dita fonte.
•
Os líquidos cuxo punto de ignición sexa moi baixo.
•
Os que, en contacto coa auga ou co aire húmido, desprendan gases extremadamente inflamables en cantidades perigosas.
P.I. < 21ºC
- Inflamables
As substancias e preparados líquidos cuxo punto de ignición sexa baixo 21ºC = P.I. = 55ºC
- Moi tóxicos
As substancias e preparados que, por inhalación, inxestión ou
penetración cutánea en moi pequena cantidade poidan provocar
efectos agudos ou crónicos e incluso a morte.
- Tóxicos
As substancias e preparados que, por inhalación, inxestión ou penetración cutánea en moi pequenas cantidades poidan provocar efectos agudos ou crónicos e incluso a morte.
- Nocivos
As substancias e preparados que, por inhalación, inxestión ou
penetración cutánea poidan provocar efectos agudos ou crónicos
e incluso a morte.
- Corrosivos
As substancias e preparados que, en contacto con tecidos vivos poidan exercer unha acción destrutiva dos mesmos.
- Irritantes
As substancias e preparados non corrosivos que, en contacto breve, prolongado ou repetido coa pel ou coas mucosas poidan provocar unha reacción inflamatoria.
- Sensibilizantes por inhalación / por contacto cutáneo
As substancias e preparados que, por inhalación ou penetración cutánea, poidan ocasionar unha reacción de hipersensibilidade, de xeito que unha exposición posterior a esa substancia ou preparado dea lugar a efectos negativos característicos.
Tendo presente que:
DOSE LETAL EN RATAS DL-50 oral: Cantidade en mg/kg inxerida por unha mostra de ratas e que produce a morte no 50 % da mostra.
CONCENTRACIÓNS AMBIENTAIS LETAIS, CL-50: Concentración letal en mg de contaminante, por litro de aire respirado da cámara de ensaio que produce a morte do 50 % dunha mostra de ratas nun determinado tempo de exposición (4h habitualmente)
LÍMITES INMEDIATAMENTE PERIGOSOS PARA A VIDA E A SAÚDE-IPVS (NIOSH/OSHA): Concentración máxima expresada en ppm ou en mg/m3 a cal, no caso de fallo ou de inexistencia de equipo respiratorio, podería escapar nun prazo de 30 minutos sen experimentar síntomas graves nin efectos irreversibles para a saúde.
Carcinoxénicos Categorías 1 e 2 Categoría 3
As substancias e preparados que, por inhalación, inxestión ou penetración cutánea, poidan producir cancro ao aumentar a súa frecuencia.
Mutaxénicos Categorías 1 e 2 Categoría 3
As substancias e preparados que, por inhalación, inxestión ou penetración cutánea, poidan producir alteracións xenéticas hereditarias ou aumentar a súa frecuencia.
Tóxicos para a reprodución Categorías 1 e 2 Categoría 3
As substancias e preparados que, por inhalación, inxestión ou penetración cutánea, poidan producir efectos negativos non hereditarios na descendencia, ou aumentar a súa frecuencia, ou afectar de forma negativa á función ou á capacidade reprodutora.
Perigosos para o medio natural
As substancias ou preparados que presenten ou poidan presentar un perigo inmediato ou futuro para un ou máis compoñentes do medio natural.
|