11. Medios de actuación sobre o medio de difusión
Cando a actuación sobre o foco contaminante é inviable ou insuficiente, as principais accións preventivas que cómpre tomar sobre o medio de difusión son:
- A limpeza adecuada do posto, das instalacións a das áreas de traballo utilizando medios húmidos ou de aspiración.
- A ventilación xeral por dilución.
- O aumento da distancia entre o foco emisor e o receptor.
- O feito de dispor de equipos de detección de contaminantes conectados a sistemas de alarma.
|