Responsabilidade Social Corporativa PDF Imprimir Correo-e
Tamén denominada Responsabilidade Social Empresarial, é un término que fai referencia ó conxunto de obligacións e compromisos, éticos e legais, tanto nacionais como internacionais, que se derivan do impacto da actividade das organizacións producen no eido social, laboral, medioambiental e nos dereitos humanos. Hoxe en día as empresas son cada vez máis conscientes da necesidade de incorporar as preocupacións sociais, laborais, medioambientais e de dereitos humanos como parte da súa estratexia de negocio.

Progresivamente, un maior número de empresas son conscientes de que poden contribuir ó desenvolvemento sostible orientando as súas operacions co fin de favorecer o crecemento económico e aumentar a súa competitividade, o mesmo tempo que garantizan a protección do medio ambiente e fomentan a responsabilidade social, incluidos os intereses dos consumidores. Todo esto unido ás recentes tendencias de transparencia e información que, na actualidade se esixen ás empresas (principalmente a aquelas que cotizan na Bolsa), deu lugar a que moitas delas empezaran a elaborar e publicar informes coas actuacións responsables nos eidos laboral, social e medioambiental que llevaron a cabo ó longo do ano. Para estos informes, que reciben o nome de Memorias de Sustentabilidade, na actualidade a maioría das empresas seguen os criterios de elaboración do Global Reporting Initiative (GRI).