Internacionalización PDF Imprimir Correo-e
Para servir de plataforma á internacionalización das empresas asociadas, ATEXGA establece programas para a asistencia a feiras e misións comerciais en todo o mundo, elabora estudos de mercado e promueve a creación de mecanismos que faciliten o acceso aos mercados do exterior.

A manifestación máis palpable do compromiso de ATEXGA en materia de internacionalización é a súa actuación, como ente promotor, na creación do primeiro consorcio de exportación téxtil en Galicia.

Entre outras, nos últimos anos se organizaron misións comerciais a China; a México, onde se presentaron coleccións de deseñadores galegos na capital, México D.F.; aos Países Bálticos; varias misións comerciais inversas de compradores de Suecia, Dinamarca, Finlandia e Noruega, etc. Tamén ATEXGA, en colaboración co Instituto de Comercio Exterior (ICEX), tivo a oportunidade de presentar coleccións de deseñadores galegos, asociados de ATEXGA, no Pavillón Oficial Español na Collection Premiere Moscow.

Máis recentemente, a Asociación Téxtil de Galicia presentou nun stand propio as coleccións de varias empresas asociadas, na Spain Fashion Exhibition de Tokio, e na Clothing & Accesories Fair CHIC de Pekín.