|
O proceso de liberalización do comercio a nivel mundial rexistrado na última década representa un claro incremento da competencia, como consecuencia da apertura dos mercados internacionais. Para facer fronte con garantías a ese futuro cada vez máis esixente, ATEXGA sustenta as súas accións nos principios do desenvolvemento tecnolóxico e a capacidade de innovación empresarial do sector téxtil, mediante iniciativas dirixidas a incrementar o aproveitamento das sinerxias que se crean en torno ás distintas empresas do sector e a través da transferencia de resultados de I+D+i neste.
Os principais obxectivos son: - Formación dos recursos humanos do sector, mediante unha oferta formativa permanente que asegure a competitividade da industria téxtil de Galicia
- Promoción do sector, mediante a asistencia e organización de certames de moda autonómicos, nacionais e internacionais; a participación en misións comerciais e a realización de campañas promocionais para o conxunto dos asociados.
- Fomento do desenvolvemento tecnolóxico e da creación de redes, plataformas, acordos e outros mecanismos de colaboración que permitan a transferencia dos resultados da I+D+i no eido do sector téxtil-confección, así como favorecer o desenvolvemento das novas tecnoloxías da información nas empresas do sector en xeral e da Asociación en particular.
- Facilitar información e xestión para o acceso dos asociados ás axudas públicas das administracións locais, autonómica, central e comunitaria.
- Elaboración de estudos e informes sectoriais.
|