| Pili Carrera continúa a súa expansión internacional coa apertura dunha tenda en Moscova |
|
|
|
| Novas |
|
17-03-2010- A firma española de moda infantil Pili Carrera continúa o seu proxecto de expansión polo mercado internacional coa apertura dun novo establecemento en Moscova, reforzando desta maneira a súa presenza no exterior onde xa conta con tendas en México, EE.UU., Portugal e agora Rusia. Na capital rusa a compañía vén de inaugurar unha tenda no exclusivo centro comercial Lotte Praza, un dos principais centros comerciais da cidade onde se sitúan importantes firmas de moda internacional. Esta tenda supón un primeiro paso no proxecto de implantación da firma en Rusia onde está prevista a apertura doutros dous establecementos. Outro dos obxectivos a curto prazo é a apertura da segunda tenda en Madrid, concretamente na rúa Claudio Coello, así como novos centros nos países árabes e Angola.
|





