| Pili Carrera presentará a súa colección Primavera Veran 2010 na feira "Pitti Bimbo" de Florencia |
|
|
|
|
23-06-09- A firma Pili Carrera será unha das poucas empresas galegas que participarán na prestixiosa feira Pitti Bimbo, que se celebra do 25 ao 27 de xuño na cidade italiana de Florencia. Nesta 69 edición a firma presentará a súa colección Primavera Veran 2010 donde predominan os contrastes en tecidos e cores. A marca galega sigue afianzando a súa posición na feira de moda infantil máis internacional e de máis prestixio, un salón que se caracteriza por aplicar uns rigurosos criterios de participación.
Este evento constitúe unha importante ocasión na que a firma agarda establecer novos contactos comerciais orientados a ampliar a súa presenza nos diferentes mercados internacionais. Pili Carrera dispón na actualidade dunha rede comercial de 34 boutiques monomarca repartidas entre España, Portugal, USA e México. A firma galega é actualmente líder na produción e distribución da moda infantil, ofrecendo baixo unha mesma marca, Pili Carrera, as súas coleccións de moda e puericultura. Foto- colección de Pili Carrera na edición anterior de "Pitty Bimbo"
|






