Novas

Formacin 2011-2012



 

Proxecto Cofinanciado
 
 
 
Os traballadores do téxtil xa poden acreditar a súa experiencia laboral PDF Imprimir Correo-e
Novas
13.01.2012

A Dirección Xeral de Educación, Formación Profesional e Innovación Educativa (DOGA http://www.xunta.es/doc/dog2011.nsf/FichaContenido/D416?OpenDocument)  convoca o proceso de acreditación de competencias profesionais adquiridas a través da experiencia laboral, na Comunidade Autónoma de Galicia, co obxectivo de establecer o procedemento para a avaliación e acreditación das devanditas competencias no Catálogo Nacional de Cualificacións Profesionais.

O Sector Téxtil, Confección e Pel contempla a cualificación profesional de Ensamblaxe de Materiais, correspondente ao Ciclo Medio de Confección e Moda. As Unidades de Competencia  das que se compón son as seguintes:

              Recoñecer materia primas e produtos de confección, calzado e marroquinería (40 prazas)

              Ensamblar pezas de tecidos e laminados (40 prazas)

              Ensamblar pezas de tecidos e coiros (40 prazas)

O lugar onde se vai a desenvolver o proceso de acreditación desta competencia profesional do Sector Téxtil, Confección e Pel, é o Centro Integrado de Formación Profesional Manuel Antonio, situado na Avenida de Madrid s/n en Vigo. Para calquera dúbida o teléfono de contacto é o 986 273 800.

 Trámites e prazos:

O prazo de presentación de solicitudes será dende o 16 de xaneiro de 2012 ao 15 de febreiro de 2012. O desenvolvemento do proceso terá lugar nos centros integrados de formación profesional (CIFP)

A solicitude de inscrición deberá  cubrirse segundo o modelo da aplicación informática da Consellería de Educación e Ordenación Universitaria, que se atopa na seguinte dirección http://www.edu.xunta.es/acreditacion. Unha vez cuberta débese imprimir para a súa presentación na secretaría dos centros onde se vaia a desenvolver o proceso.

Poderase elixir unha ou varias unidades de competencia das que se convocan, a condición de que estean incluídas nun mesmo ciclo formativo e desenvólvanse nunha mesma sede.

Documentación requirida:

Historial profesional e/ou formativo de acordo co currículo europeo

Fotocopia de DNI, NIE ou permiso de residencia e traballo

Certificado acreditativo de discapacidade, de ser o caso

Documentos redactados en galego ou castelán, de non ser o caso tradución oficial a algún dos dous idiomas.

Para traballadores asalariados:

              Vida Laboral

              Contratos de traballo ou certificación das empresas

Para traballadores autónomos:

              Vida laboral

              Descrición de actividades desenvolvidas

Para voluntarios ou bolseiros:

              Certificación da empresa onde consten actividades, funcións e horas de prestación de servizo.

Admisión de Candidatos:

As listaxes de persoas solicitantes publicaranse en cada sede correspondente e na páxina web http://www.edu.xunta.es/fp

As listaxes de persoas incluídas e excluídas para cada unidade de competencia publicaranse a partir do día 30 de marzo de 2012. 

Os candidatos admitidos pasarán  ás seguintes fases do procedemento:

              Primeira Etapa : Asesoramento

              Segunda Etapa : Avaliación da Competencia Profesional

              Terceira Etapa : Acreditación e Rexistro da Competencia Profesional

As persoas que estean a traballar poderán utilizar os permisos individuais de formación para participar nas fases de asesoramento e avaliación deste procedemento.

As persoas que participen nesta convocatoria estarán exentas de abonar taxas administrativas.

Requisitos dos participantes:

Nacionalidade Española ou permiso de residencia, ou de residencia e traballo en vigor

Ter 18 anos cumpridos no momento de realizar a inscrición para as unidades de competencia correspondentes a cualificaciones de nivel I e 20 anos para as unidades de competencia de nivel II e III.

Ter experiencia laboral e/ou formación relacionada coas competencias profesionais que se queiran acreditar

No caso de experiencia laboral, xustificar polo menos 3 anos, cun mínimo de 2000 horas traballadas nos últimos 10 anos para unidades de competencia de niveis II e III, e para unidades de competencia de nivel I se xustificarán  polo menos 2 anos cun mínimo de 1200 horas traballadas en total.

No caso de formación, xustificar polo menos 200 horas para unidades de competencia de   nivel I e 300 horas para unidades de competencia de niveis II e III nos últimos 10 anos.

Aa persoas candidatas non poderán estar matriculadas nin cursando un curso de formación profesional inicial nin para o emprego, conducente á acreditación das unidades de competencia en que soliciten a súa inscrición.