| Aberto o prazo de inscrición do plan de formación de ATEXGA |
|
|
|
| Novas |
|
01.12.2011
Dende o mes de decembro está aberto o prazo de inscrición para participar nas distintas accións formativas que compoñen o plan de formación de ATEXGA para o ano 2012. Este ano ofrécese un amplo programa formativo, con accións especializadas no ámbito do sector téxtil -moda, que abranguen distintas áreas da empresa, dende deseño, tecnoloxía téxtil, patronaxe, produción, loxística e comercialización. O plan está dirixido a traballadores ocupados no ámbito do sector téxtil, moda, confección e sectores afíns. Non quedes sen praza. Podes inscribirte aquí.
|






