| Viriato inaugura o seu Flagship Store en Santiago de Compostela |
|
|
|
| Novas |
|
21.10.2011
VIRIATO inaugurou onte o seu Flagship Store e Show Room de exportación en Santiago de Compostela, rehabilitando un edificio da zona antiga da cidade do ano 1879, onde funcionaba unha antiga fábrica de chocolate. O espacio comercial e show room ocupan mais de 300m2, ademais dun espazo axardinado. Na rehabilitación do edificio, respectouse a esencia do casco antigo, como é o seu teito de vigas de madeira vista e os seus muros de pedra. VIRIATO, firma especializada en prendas de punto, está presente en máis de 1000 puntos de venda e España e países como Italia, Francia, México, Portugal, Hong Kong, Bélxica e Rusia entre outros.
|






