Proxecto Cofinanciado
 
 
 
Innovación PDF Imprimir Correo-e
ATEXGA facilita o proceso de innovación tecnolóxica no tecido industrial téxtil, ofrecendo soporte á industria da confección en proxectos de innovación tecnolóxica e servizos técnicos. Promove o establecemento de servizos de información e transferencia tecnolóxica, avaliación da oferta e demanda tecnolóxica do sector, favorece vínculos entre a industria e os axentes de investigación e difunde información relativa aos distintos programas nacionais e internacionais de investigación.

Iniciativas desenvolvidas:

  • En colaboración con entidades externas, desenvolvemento dun estudo sobre os distintos programas informáticos de xestión integral de aplicación na industria téxtil e a súa idoneidade para cada tipoloxía de empresa.
  • Presentación de diversos proxectos ao Programa de Fomento da Investigación Técnica (PROFIT) promovido polo Ministerio de Ciencia e Tecnoloxía, dirixidos ao estudo dos procesos produtivos no sector e a súa automatización.
  • En colaboración con SUN MICROSYSTEMS-ESPAÑA, elaboración dun proxecto piloto de implantación da tecnoloxía RFID -Tecnoloxía de Identificación por Radiofrecuencia. Grazas a esta alianza, ATEXGA poderá despregar aplicacións baseadas no RFID, para alcanzar a máxima visibilidade da cadea de subministro, asegurar a trazabilidade completa dos produtos e optimizar os custos dos procesos de todas as empresas asociadas. A identificación por radiofrecuencia revolucionará a forma de traballar do sector téxtil galego e garantirá o control dos stocks e a disminución dos problemas de distribución aos que está sometida a industria téxtil galega.