Proxecto GUÍA METODOLÓXICA RSC ATEXGA PDF Imprimir E-mail
ATEXGA, ven de realizar o proxecto  DEFINICION DUN SISTEMA DE INDICADORES PARA A AVALIACIÓN E SEGUEMENTO DA RSC E DESENVOLVEMENTO DUNHA GUIA METODOLÓXICA PARA A REDACCIÓN DE MEMORIAS DE SUSTENTABILIDADE que foi financiado pola Consellería de Industria.
FINALIDADE DO PROXECTO

Co desenvolvemento do presente proxecto responderase ós seguintes obxectivos:
Conseguir unha ferramenta áxil, sinxela e eficiente que permita avaliar e medi-las actuacións de RSE das empresas do sector téxtil-confeccion asociadas a ATEXGA tendo en conta a sua cadea de valor (talleres, centros de confección, proveedores,...)

Implantar a RSE nas empresas asociadas a ATEXGA, como unha ferramenta de xestión e mellora da sua competitividade.

Desenvolver unha metodoloxía que permita poñer en valor as actuacións de RSE e Sustentabilidade de ATEXGA e as súas empresas asociadas a través dunha Guia para a redacción de Memorias de Sustentabilidade.

Contribuír á creación de valor en tódolos ámbitos da sociedade, nas empresas asociadas e a tódolos grupos de interese relacionados co sector textil en Galicia.

Os resultados que se esperan acadar:

  • Realizar unha campaña informativa de promoción e difusión de Responsabilidade Social Corporativa, para que as empresas do sector téxtil-confección de Galicia podan disfrutar dunha ferramenta que lles sirva de asesoramento para a posta en marcha a realización de memorias de sustentabilidade.
  • Conseguir que o ámbito de aplicación desta ferramenta abarque outros sectores afins.
  • Que a posta en marcha desta ferramenta, xunto coa calidade dos contidos nela investidos, posibiliten que as empresas do sector se involucren na RSC.