INICIO
Advertisement
Plan de Formación de ATEXGA 2008
22/02/2008

Xa podes inscribirte no Plan de Formación de ATEXGA para o Sector Téxtil-Confección e Afíns, que se levará a cabo neste ano, finaciado pola Dirección Xeral de Formación e Colocación da Xunta de Galicia, e polo Fondo Social Europeo.

Está dirixido a aqueles traballadores/as do sector téxtil e sectores afíns que estén interesados en realizar formación. Tamén se reservará un 25% das prazas para persoas en situación de desemprego.

As acción formativas a desenvolver realízanse en modalidade presencial e é-learning.

Prazas limitadas: APÚNTATE XA!

 
Curso de Xestion Aduaneira Sector Téxtil-Confección
11/04/2008

Image

 
Avance dos resultados do Estudio Antropométrico sobre a Poboación Feminina
31/03/2008

Son os datos obtidos polo Estudo Antropométrico da Poboación Feminina en España, elaborado no último ano polo Instituto Nacional do Consumo e cuxos resultados presentou o ministro de Sanidade e Consumo, Bernat Soria.

As tallas actuais da roupa, con modelos definidos antes de 1975, non se adecúan ao perfil físico actual das mulleres en España. Esta hipótese foi a que levou ao Ministerio de Sanidade e Consumo a iniciar hai un ano o Estudo Antropométrico. Agora, a hipótese é unha certeza grazas aos resultados do estudo. O 41% das mulleres que participaron na medición confesa que ten problemas sempre (10%) ou algunhas veces (30%) coas tallas da roupa. Delas, un 43% di que se enfronta a pezas pequenas para o seu corpo e un 22% grandes. A dificultade para un 8% das enquisadas é que a súa talla é moi común, o que lles complica atopala.

A elaboración do Estudo Antropométrico forma parte do acordo subscrito en 2007 polo Ministerio de Sanidade e Consumo coas asociacións e empresas dos sectores de confección, distribución, deseño de moda e xénero de punto en España. O obxectivo é definir a forma e dimensións do corpo da muller española e, partindo da norma EN 13402-3-2004, desenvolver un sistema de patronaxe homoxéneo, adaptado ás usuarias, que poidan utilizar todos os deseñadores, fabricantes e distribuidores.

Esa norma de designación de tallas para pezas de vestir, elaborada pola Unión Europea, é un texto de orientación para a industria téxtil. O texto non é de obrigado cumprimento e promove a implantación dun sistema de patronaje baseado na consideración de tres parámetros: perímetro de busto, cintura e cadeira, en función da estatura.

Ler máis...
 
<< Inicio < Anterior 1 2 Seguinte > Final >>

Resultados 1 - 4 de 6

kina

pili carrera

roberto verino

toypes

Adolfo Dominguez

selmark

florentino

Caremelo

montoto

Antonio Pernas

jealfer

sk

mafecco
ASOCIACIÓN TEXTIL DE GALICIA
Rúa do Tomiño, 24 - entrechan.
C.P 15704. Santiago de Compostela.
Tlf. +0034 981 552040 Fax. 981 502041
Xunta de Galicia Co patrocinio da Xunta de Galicia | Subvencionado pola Presidencia da Xunta de Galicia | Secretaría Xeral de Política Lingüística